Categoría: Actividades Culturais

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Lugar de celebración: Punto de Atención á lectura (palco) detras oficina de correos O Corgo- Lugo
Data: 26 de Febreiro do 2026
Horario: de 16.00 a 20.00 h.

Obxectivos:
-Adquirir coñecementos sobre alimentación que se poidan implementar na vida diaria.
– Coñecer os beneficios dunha boa alimentación.
Programa:
– Tipos de alimentos ( pirámide alimentaria)
– Papel dos hábitos alimentarios no crecemento e desenvolvemento; na saúde e na prevención da enfermidade.
– Merendas saudables.
– Recomendacións para unha alimentación saudable. Proporción segundo o método do prato.
– A alimentación e a diabetes
– Aprendendo a ler as etiquetas de nutrición
INSCRIPCIÓN: ATA o día 26/02/2026 no Concello de O Corgo . (Sonia – Traballadora Social).

Profesorado: Fernando Casal Couto- Nutricionista.
Dirixido a: Cidadanía en xeral
Programadora: Begoña García Cepeda

Nota: Esta actividade non se considera formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.

Ler Máis

COLOCACIÓN DO STOLPERSTEIN NA HONRA DE RAFAEL PARDO VALES-VENRES 29 DE XANEIRO NO CORGO

O xoves día 29 de Xaneiro terá lugar o acto de colocación do stolperstein en homenaxe a Rafael Pardo Vales vítima do campo nazi de Mauthusen e nacido en O Corgo.
O acto iniciarase ás 12:00 h. na Estación de Ferrocarril de Laxosa, dende onde partirá o cortexo cívico ata o lugar de colocación da placa.

Marcha ata o lugar de colocacion da placa xunto co grupo A Legua Dereita interpretando unha alborada.

Chegada ao lugar de colocación do stolpesteine .

Contará coa participación do alcalde Felipe Labrada, a concelleira Pilar Bellón a intervención musical de Carolina Barbeito de la Cruz, as palabras de Miguel Freire, voceiro da ARMH, da sobriña de Rafael Pardo Vales Isabel de la Cruz, da música do grupo Legua Dereita e a lectura poética da escritora Mónica Caldeiro.

O concello do Corgo e a Asociación Para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) convocan á homenaxe a Rafael Pardo Vales . Vítima dos campos nazis.
Co gallo do 27 de xaneiro “Día en Memoria das Vítimas do Holocausto” vaise realizar unha homenaxe aos deportados lucenses , vítimas en campos nazis. Esta homenxe consistirá na colocación de placas de memoria “stolpersteine” nos lugares onde naceron ou viviron os deportados.

Rafael Pardo Vales naceu o 18 de xullo de 1912 na poboación de Laxosa no Concello de O Corgo (Lugo) fillo de José (ferroviario) e Manuela, sendo o máis novo e único varón con cinco irmás. Estando moi vinculado a súa irmá Rogelia que o foi a despedir da estación con moita pena cando foi destinado como garda de asalto en Barcelona. Alí coincidíu co seu sobriño José Sánchez Pardo fillo da súa irma Herminia,
cinco anos mais novo ca él, e que tamén era garda de asalto. Durante a guerra Rafael foi nomeado cabo e despois sarxento. Ao final da contenda española exíliase en Francia co seu sobriño José.
Posiblemente foron a parar ao campo francés de Argelés, e despois a 34º Compañía de Traballadores Extranxeiros para fortificar as defensas militares francesas ante o estoulido da II Guerra mundial. Foron feitos prisioneiros na ofensiva alemá e levados ao Stalag X-B en Sandbostel no land da Baixa Sajonia entre Bremen e Hamburgo. Foi deportado o 3 de marzo de 1941 ao KZ de Mauthausen. Foi asesinado
no subcampo de Gusen o 7 de xaneiro de 1942.

O seu sobriño José nacido en Valladolid o 18 de marzo de 1917morreu tamén no campo de concentración de Mauthausen, uns meses despois, o 11 de xulio de 1942.
O equipo de investigación da ARMH de Lugo, formado por Paulo Grandío, Roberto Mouriz e Miguel Freire, despois dun intenso traballo de anos de investigación, logrou identificar a 39 lucenses que foron vítimas dos campos nazis. Despois do seu exilio en Francia coa caída da República, incorporáronse ó exercito aliado. Foron feitos prisioneiros durante a ofensiva alemana e levados aos campos de concentración nazis dos cales só sobrevivirían dazaseis . Todos eles eran naturais de 20 concellos da
provincia de Lugo: Ribas de Sil, Cervantes, Sarria, Lugo, Outeiro de Rei, Pol, Becerreá, Trabada, Viveiro, Monforte, Ourol, Carballedo, Samos, O Páramo, O Incio, O Corgo, Castroverde, Cospeito, As Nogais e Pantón.
Cada adoquín representa a unha vítima, e o 26 de maio de 2023, poucas semanas antes da súa instalación na Coruña , instalouse en Nuremberg o stolperstein número 100.000, sendo considerado o monumento descentralizado máis grande do mundo.
Están presentes en máis de 1.200 vilas de Alemaña, así coma en Austria, Bélxica, Croacia, República Checa, Finlandia, Francia, Grecia, Italia, Reino Unido, Irlanda, Hungría, Lituania, Letonia, Serbia, Moldavia, Luxemburgo, Países Baixos, Noruega, Suecia Polonia, Rumanía, Rusia, Eslovaquia, Eslovenia, Suiza, Ucraína e tamén en España.

Ler Máis

Programa de actividades do Nadal.

CAMPAMENTO DE NADAL.

 PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL NO PERIODO NON LECTIVO DE NADAL.

– INSCRICIÓN ATA O DÍA 19 DE DECEMBRO. INSCRICIÓN E MÁIS INFORMACIÓN NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO. TLF. 982302377 OU NO 620731543.

-NÚMERO DE PRAZAS: MÁXIMO 20 NEN@S.

-DESTINATARIOS: NEN@S DE 3 A 12 ANOS. PRIORIDADE PARA OS NENOS/AS EMPADRONADOS NO CONCELLO DO CORGO .

-DATAS:  DIAS 22, 23, 26, 29 E 30 DE DECEMBRO. EN XANEIRO OS DÍAS 2 E 5.

-HORARIO:DE 9:00 H. A 15:00 HORAS, NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.

-ACTIVIDADE GRATUITA. É PRECISO QUE TRAIAN MERENDA E AUGA, ASÍ COMO ROUPA CÓMODA.

 XORNADA  EN XUVENLUGO.-

COMO NAS ANTERIORES EDICIÓNS O CONCELLO DO CORGO  ORGANIZA UNHA XORNADA NO PAZO DE FEIRAS DE LUGO O   MARTES 30  DE DECEMBRO DE 16:30 HORAS A 20:30 HORAS.

INSCRICIÓNS  ATA O DÍA 26 . MÁIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU 620731543.

– OS NEN@S DEBERÁN DE IR ACOMPAÑADOS DUN RESPONSABLE.

-PREZO: 3,5 €.

CABALGATA DE REIS.

 LUNS, DÍA 5 DE XANEIRO. A PARTIR DAS 16:00 DA TARDE AS SÚAS MAXESTADES SAIRÁN DO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO PARA CHEGAR AO    COLEXIO PÚBLICO DO CORGO, VISITANDO ANTES AOS USUARIOS/AS DO CENTRO DE DÍA.

 INSCRICIONS DOS NENOS/AS E MÁIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU 620731543, ATA O 2 DE XANEIRO.

HABERÁ CHOCOLATE E ROSCÓN DE REIS PARA CONVIDAR AOS ASISTENTES.

Ler Máis

CLUB DE LECTURA DO PALCO DO CORGO.

DATA: VENRES, 21 DE NOVEMBRO DO 2025.

HORA: 20:00 HORAS.

LOCAL: PUNTO DE ATENCIÓN Á LECTURA DO CORGO ( PALCO).

AUTORA: ANXELA GRACIÁN.

OBRA: “AS VOCES DA AUGA” VIII PREMIO MEIGA MOURA 2018.

Ler Máis

CURSO DE MANIPULADOR/A DE ALIMENTOS IMPARTIDO NO CORGO

As persoas interesadas en obter a certificación, obligatoria según o Reglamento Europeo 852/2004 para poder traballar con alimentos, poden informarse e anotarse de luns a venres chamando ao teléfono: 629376242
Impartido por un Técnico en Hixiene Alimentaria acreditado por a Consellería de Sanidade.
Data: 22 de Novembro do 2025
Hora: 10.00 a 13.00 horas.
Lugar: Aula do Centro Sociocultural do Concello

Colabora: CONCELLO DO CORGO

Ler Máis

Presentación do libro LUGO, CIDADE ÚNICA.

Via Künig convídavos á presentación do libro de actas do Congreso Lugo Ciudad Única que terá lugar o vindeiro 17 de octubro ás 19:30 horas, no salón de actos da Excma. Deputacion de Lugo. O acto inclúe unhas verbas de Javier Gómez e Daniel Vázquez, música a cargo de Branca Villares, degustación de empanada das Nogais e cata de viño de la Ribeira Sacra Bico do Lagar. Cada asistente recibirá gratuitamente un exemplar das actas. Entrada gratuita hasa completar o aforo. Necesario inscribirse en https://forms.gle/XgbWi3Yw5jvuRoRaA

Ler Máis

XX FESTA FOLK NO RIO CHAMOSO. PRAIA FLUVIAL DO CORGO

  • Sábado 26 de Xullo
    • Sesión de xogos , colchonetas e animación infantil.
    • 22:00 H. Actuacións:
      • SHENANIGANS
      • DUO EPOK
  • Domingo 27 de xullo.
    • 12:00 H. Feira de Artesanía de demostración de oficios.
    • Actuación da Asociación A LEGUA DEREITA DO CORGO
    • 17:00 H. FESTIVAL FOLCLÓRICO
      • A CHOCOLATEIRA DA PONTENOVA
      • Asociación Cultural a LEGUA DEREITA DO CORGO

Ler Máis

I CAMPAMENTO GALEGO DE BILLAR EN ADAI.

– I Campamento Galego de Billar

– Días: 1,2 e 3 de agosto

– Club de Billar Adai (O Corgo, Lugo) 🎱

Dirixido a cativos e cativas entre 8 e 18 anos. Non necesarios coñecementos previos de billar.

Fin de semana de billar e actividades ao aire libre, con acampada opcional.

-Inscripción: 50 €/campista.

⚠️Limitado a 30 plazas. Mais información e preinscripción online aberta ata o 21 de xullo en www.clubdebillaradai.com/campamento

📞 Contacto: 627 07 00 33 (Pablo)

Ler Máis

XVIII FEIRA DO CABALO EN ADAI

DOMINGO DÍA 22 DE XUÑO. CAMPO DA FEIRA DE ADAI ( O CORGO).

Iª SUBASTA DE GANDO CABALAR EN ADAI. INSCRICIÓNS NOS TELÉFONOS 636592281- 629440766

GRAN ESPECTÁCULO ECUESTRE DE PACO MARTOS.

INSTALACIÓNS DE AMARRE PARA OS ASISTENTES A CABALO.

ANIMACIÓN DA ASOCIACIÓN CULTURAL A LEGUA DEREITA DO CORGO.

ORGANIZA CONCELLO DO CORGO.

FINANCIADO POLA XUNTA DE GALICIA.

Ler Máis

Viaxe ás praias de Galicia verán 2025.

O concello do Corgo lévate no verán a coñecer e disfrutar das praias de Galicia.

DATAS DESTINO.
  26 DE XUÑO. SANXENXO (SAÍDA ÁS 8:00) 10 €  OS EMPADRONADOS DO CORGO                                        14 € NON EMPADRONADOS NO CORGO.
  3 DE XULLO. SAMIL (SAÍDA ÀS 8:00H) 10 € OS EMPADRONADOS DO CORGO                                           14 € NON EMPADRONADOS NO CORGO.
10 DE XULLO VIVEIRO (COVAS).
17 DE XULLO FOZ.
24 DE XULLO ARES (FERROL)
31 DE XULLO. VALDOVIÑO.
7 DE AGOSTO. TAPIA DE CASARIEGO.
14 DE AGOSTO. SAN CIPRIÁN.
21 DE AGOSTO. CEDEIRA.
28 DE AGOSTO. A CORUÑA (RIAZOR).
  • Para inscribirse chamar ao número de teléfono 634 182 948
  • Hora de saída habitual ás 9:00 h. da explanada da antiga Cámara Agraria do Corgo.
  • INSCRICIÓNS: Dende o LUNS seguinte a casa viaxe ata o día anterior a realizarse a viaxe (mércores), a partires das 10:00 h. da mañá e ata as 13:00h. chamando UNICAMENTE ao teléfono 634182948
  • Prezos habituais:
  • EMPADRONADOS no Corgo.8€
  • NON EMPADRONADOS no Corgo.- 12€
 NOTAS:
  • TRAER A CANTIDADE XUSTA DE PAGO PARA A VIAXE.
  • O DESTINO DA PRAIA PODERÁ VARIAR SEGUNDO O TEMPO ATMOSFÉRICO.
  • A HORA DE REGRESO PODE MODIFICARSE EN FUNCIÓN DO TEMPO ATMOSFÉRICO.
  • SE VOSTEDE SE INCRIBE E POR CALQUERA MOTIVO NON PODE ACUDIR Á VIAXE , AVÍSENOS CON ANTELACIÓN PARA PODER DISPOÑER DESA PRAZA.
  • NON SE POÑERÁ UN SEGUNDO AUTOBÚS SE NON HAI UN NÚMERO MÍNIMO DE 20 PERSOAS INSCRITAS.
  • OS ASENTOS ASIGNARANSE SEGUNDO A ORDE DE INSCRICIÓN. 
      DESCARGAR BANDO : VIAXE AS PRAIAS 

Ler Máis