Categoría: Actividades Culturais

VIAXES ÁS PRAIAS.- VERÁN 2026.

O Concello do Corgo lévate os xoves ás seguintes praias:

DATASDESTINO.
  25 DE XUÑO.SAMIL (SAÍDA ÁS 8:00)
10 € ……OS EMPADRONADOS DO CORGO
14 € .….NON EMPADRONADOS NO CORGO.
  2 DE XULLO.SANXENXO (SAÍDA ÀS 8:00H)
10 €……… OS EMPADRONADOS DO CORGO
14 €……….. NON EMPADRONADOS NO CORGO.
9 DE XULLOVIVEIRO (COVAS).
16 DE XULLOFOZ.
23 DE XULLOARES (FERROL)
30 DE XULLO.PUENTEDEUME.
6 DE AGOSTO.TAPIA DE CASARIEGO.
13 DE AGOSTO.SAN CIPRIÁN.
20 DE AGOSTO.CEDEIRA.
27 DE AGOSTO.A CORUÑA (RIAZOR).

Para inscribirse chamar ao 602893782

HORA DE SAÍDA HABITUAL : 9:00 H da antiga cámara agraria.

PREZOS HABITUAIS:

EMPADRONADOS NO CORGO8€
NON EMPADRONADOS NO CORGO12€

INSCRICIÒNS: ÚNICAMENTO NO TELÉFONO 602893782. DENDE O LUNS SEGUINTE A CADA VIAXE E ATA O DÍA ANTERIOR A REALIZARSE A VIAXE (MÉRCORES) , A PARTIRES DAS 10:00 H DA MAÑÁ E ATA AS 13:00 H.

Notas de interese:

– Traer a CANTIDADE XUSTA DE PAGO da viaxe.
 
-O destino da praia pode ser variado segundo o TEMPO ATMOSFÉRICO. A hora de regreso pode ser modificada en función do tempo meterolóxico.
 
– Os asentos asignaranse segundo a ORDE DE INSCRICIÓN.
 
– Se vostede se inscribe e por calquera circunstancia non pode ir a viaxe, por favor, AVÍSENOS CON   ANTELACIÓN.
 
– Non se poñerá un 2º ou 3º autobús senon hai un número mínimo de 20 persoas inscritas.

Ler Máis

IV Torneo de Billar FEIRA DE ADAI.

  • 13 de XUÑO do 2026.
  • Con máis de 33 participantes.
  • Final o domingo 14.
  • Modalidade bola-9
  • Distancia: 6 gañadas.
  • Inscricion xeral : 30+5
  • Inscricion junior: 15+5
  • Parada ao mediodía para xantar pulpo na Feira.
  • Bote: +1000.

Ler Máis

XIX FEIRA DO CABALO EN ADAI.

  • Domingo día 14 de Xuño.
  • Recinto feiral de Adai ( O Corgo).
  • Actuación da Asociación Cultural A Legua Dereita do Corgo.
  • Show ecuestre de PACO MARTOS.

Compra e venda de cabalos.

Instalacións de amarre para os animais.

Ler Máis

CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE POOL FEMININO

Baixo os auspicios da Real Federación Española de Billar, celebraránse en ADAI, os días 21, 22, 23 e 24 de maio do 2026.

Modalidades 14.1, B8, B9 e B10.

Ler Máis

Presentación da revista CORGA nº 12.

  • SÁBADO DÍA 25 DE ABRIL ÁS 19:30 H.
  • PUNTO DE ATENCIÓN Á LECTURA DO CORGO ( antigas escolas).
  • PRESENTACIÓN DA REVISTA ANUAL DO CENTRO DE ESTUDOS DO CORGO “CORGA” Nº 12.

As persoas que asistan recibirán un exemplar de agasallo.

Ler Máis

Club de lectura do Palco do Corgo.- 24 DE ABRIL

Este ano 2026 marca o 90 aniversario dos acontecementos claves acontecidos no 1936, ano que fixo cambiar a historia do noso país. Queremos lembrar os 90 anos da memoria da xeración que viviu a dictadura co libro “O LAPIS DO CARPINTEIRO de Manuel RIVAS.

Será o venres, día 24 de abril ás 20:00 horas no PUNTO DE ATENCIÓN Á LECTURA DO CORGO (PALCO).

Ler Máis

V CAMPIONATO GALEGO DE BILLAR FEMININO.

Ler Máis

Os pombais do Corgo na TVG.

O luns día 23 de febreiro emitiuse na TVG unha entrevista a Mario Outeiro sobre os pombais do concello do Corgo, unha das representacións do patrimonio cultural deste municipio.

“De pedra, de planta circular ou cadrada, os pombais son unhas construcións tradicionais que perviven e falan doutros tempos cando as pombas eran un símbolo de grandeza. 

No Concello lucense do Corgo consérvanse máis dunha vintena destas edificacións. Todos superan o século de vida, de aí a importancia de conservalos.

Dentro do patrimonio material que ten Galicia é unha das construcións máis senlleiras, á mesma altura que hórreos e cruceiros”, comenta Mario Outeiro, estudoso dos pombais.

Caeron no desuso, pero son parte do legado cultural galego“.

No seguinte enlace atópase o vídeo da conversa:

https://www.g24.gal/-/no-corgo-conservanse-mais-dunha-vintena-de-pombais-que-tenen-mais-dun-seculo-de-vida

Así mesmo, Mario Outeiro gran coñecedor e estudoso dos pombais corgueses falou deste tema no Diario Cultural da Radio Galega do xoves , amosando a entrevista no seguinte enlace:


Ler Máis

O Stolperstein de Rafael Pardo Vales.

O pasado 29 de xaneiro de 2026, o Concello de O Corgo e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica renderon homenaxe ás 12:00 horas do mediodía na Estación de Laxosa a Rafael Pardo Vales, vítima do campo nazi de Mauthausen, coa colocación da primeira placa Stolperstein da provincia.

As placas Stolperstein foron creadas polo artista alemán Gunter Demnig para honrar ás vítimas do nazismo. Son placas metálicas coa forma dun adoquín e colocadas a nivel do chan con texto explicativo. Con isto preténdese que todas e todos os camiñantes teñan que inclinarse para poder ler a súa historia, realizando un xesto de respecto e reverencia hacia a memoria da vítima.

Hai placas por todo o mundo, Austria, Bélgica, Dinamarca, Grecia, Luxemburgo, Noruega, Suecia, Suiza, Gran Bretaña, Rumanía…..trátase, polo tanto, do maior monumento descentralizado do mundo.

Rafael  Pardo  Vales  naceu  o 18 de xullo de 1912 na Estación de Laxosa no Concello de O Corgo (Lugo) e era fillo de José Pardo (gardaagullas) e Manuela Vales. Foi o máis novo e único varón de cinco irmás. Destinado como garda de asalto en Barcelona, coincidíu  alí co seu sobriño José Sánchez Pardo fillo da súa irma Herminia , cinco anos mais novo ca él,  e que tamén era garda de asalto.  Durante a guerra, Rafael, foi nomeado  cabo e despois  sarxento. Ao final da contenda española exíliase en Francia co seu sobriño José.

Posiblemente foron a parar  ao campo francés de Argelés, e despois a 34º Compañía de Traballadores Extranxeiros para fortificar as defensas militares francesas ante o estoulido da II Guerra mundial. Foron feitos prisioneiros na ofensiva alemá e levados ao Stalag X-B en Sandbostel no land da Baixa Sajonia  entre Bremen e Hamburgo.  Foi deportado o 3 de marzo de 1941 ao KZ de Mauthausen e asasinado no subcampo de Gusen o 7 de xaneiro de 1942.

O acto contou coa participación do alcalde Felipe Labrada, a concelleira do BNG Pilar Bellón pola moción da solicitude de dita placa no ano 2023, a intervención musical de  Carolina Barbeito de la Cruz, as palabras de Miguel Freire, voceiro da ARMH e as de Isabel de la Cruz, sobriña de Rafael Pardo; ademais de facer acto de presencia outras autoridades como a Deputada de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo Dª Iria Castro ou representantes da Asociación de Veciños de Laxosa Airamonte.

A lectura poética, creada para a ocasión, correu a cargo da escritora corguesa  Mónica Caldeiro e a música do acto foi interpretada polo grupo A Legua Dereita.

O equipo de investigación  da  ARMH  de Lugo, formado  por Paulo Grandío, Roberto Mouriz e Miguel Freire, despois dun intenso  traballo de anos de investigación sobre desaparecidos logrou identificar  a  39 lucenses  que foron vítimas dos campos nazis, entre eles Rafael Pardo. Toda a información aquí relatada forma parte do traballo da ARMH.

Nunca deberíamos perder a memoria dos nosos seres queridos. Así que como dixo Gunther facendo súa a frase do Talmud, fonte principal da sabedoría do xudaismo:

Un home é esquecido soamente cando o seu nome sexa esquecido”

Dende hoxe a identidade e a memoria de Rafael Pardo Vales non van a desaparecer.

HOMENAXE A RAFAEL PARDO VALES CO GALLO DA COLOCACIÓN DA SÚA STOLPERSTEINE

(29 de xaneiro de 2025)– Poema da escritora Mónica Caldeiro.

“83841

foi o número que levaches no Stalag X-B de Sandbostel

3608

o número que che deron en Mauthausen

13123

o número co que te rexistraron no subcampo de Gusen

Non volveron mudarte o nome por máis números

***

Din os historiadores que para perpetrar un xenocidio é precisa a deshumanización dun grupo humano. O teu veciño deixa de ser o teu veciño. O teu veciño convértese nun obxecto que cómpre exterminar. Un obxecto é unha cousa inanimada e inerte que se pode levar nas mans. Un corpo tamén pode volverse inanimado e inerte. Tamén se pode levar coas mans.

Cando existe a produción repetida dun obxecto dáselle un número de serie. En certos casos, como nos exterminios xenocidas, ao obxecto pódenselle dar até tres números que pertencen a distintas series, todas elas determinadas pola súa produtividade e capacidade de traballo.

Así, até a aparición de enfermidade. Así até que o doente sente o oco da fame facerlle un nobelo de intestinos saturados de vermello debaixo do peito, e entón escribe nun anaquiño de papel co pequeno lapis de carbón dun compañeiro finado un soño que lle evoca a fame:

                                    bacallau con patacas e pemento doce

                                    caldo de gloria e verzas

                                    manxares de Entroido

                                    crema pasteleira case laranxa, de tan puro que lle era o ovo

***

Aquel era un soño de soñar co retorno

mais só volveu un nome gravado en ouro que se pode coller coas mans

unha lastra inanimada e inerte

O nome tivo un día mans tamén

mans para peitear o pelo para arranxar a barba con navalla

para defender a súa obriga para coller coa súa man outra man e aloumiñala

Eiquí fica ese nome gravado en ouro

na súa orixe

trala viaxe de volta”

MÓNICA CALDEIRO. POETA

Lectura poética de Mónica Caldeiro

Ler Máis

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Lugar de celebración: Punto de Atención á lectura (palco) detras oficina de correos O Corgo- Lugo
Data: 26 de Febreiro do 2026
Horario: de 16.00 a 20.00 h.

Obxectivos:
-Adquirir coñecementos sobre alimentación que se poidan implementar na vida diaria.
– Coñecer os beneficios dunha boa alimentación.
Programa:
– Tipos de alimentos ( pirámide alimentaria)
– Papel dos hábitos alimentarios no crecemento e desenvolvemento; na saúde e na prevención da enfermidade.
– Merendas saudables.
– Recomendacións para unha alimentación saudable. Proporción segundo o método do prato.
– A alimentación e a diabetes
– Aprendendo a ler as etiquetas de nutrición
INSCRIPCIÓN: ATA o día 26/02/2026 no Concello de O Corgo . (Sonia – Traballadora Social).

Profesorado: Fernando Casal Couto- Nutricionista.
Dirixido a: Cidadanía en xeral
Programadora: Begoña García Cepeda

Nota: Esta actividade non se considera formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.

Ler Máis