Recoñecemento de vehículos agrícolas, Supervisión e Control S.A. ITV 2017

A unidade móvil de inspección técnica de vehículos agrícolas prestará servizo neste concello agás causas de forza maior nos días que se relacionan a continuación:

PARROQUIA  DÍA MAÑA TARDE
 LAXOSA ( CAMPO DA FESTA)    1 DE DECEMBRO DE 9:00A 13:30H.            ————
 11 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30H.  DE 15:15 A 18:00H.
 ADAI (MERCADO)  12 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30 H  DE 15:15 A 18:00 H
GOMEÁN (XUNTO CEMITERIO)   13 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30H.  DE 15:15 A 18:00 H.
14 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30 H. DE 15:15 A 18:00 H.
15 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30H.         ——————
SABAREI (EXPLANADA CERCA IGREXA)  18 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30H. DE 15:15 A 18:00H.
19 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30H. DE 15:15 A 18:00 H.

Para solicitar cita previa deberá chamar ao teléfono 902309000 ou na páxina web www.sycitv.com   Cita previa

 

Ler Máis

Actos contra a violencia machista. 24 N

Con motivo da adhesión  á campaña  denominada En negro contra as violencias, que  trata de denunciar e visibilizar o rexeitamento hacia a  violencia machista, na que no 2017 forman parte 75 concellos galegos, coa implicación de veciños, asociacións, establecementos comerciais, axentes sociais, etc,o venres, día 24, levaráse a cabo no CEIP Plurilingüe unha sesión informativa e formativa  para os nenos e nenas do colexio, con charlas, xogos de  roles, dinámicas de grupos, etc..  Ao remate, ás 13:00 h terá lugar a lectura do manifesto en contra das violencias na casa do Concello. Será un acto público polo que  se convida a todo aquel que o desexe a asistir e compartir uns minutos de solidaridade.

Ler Máis

O Corgo en negro.

Campaña de sensibilización e visualización coa problemática da discriminación e violencia sexista. O Concello do Corgo este ano adheriuse a esta campaña, que trata de “tinguir” de cor negra Galicia. Solicítase a colaboración dos veciños e axentes sociais, para expallar esta proposta de denunica e solidarización con estas inxustizas. Se queres colaborar  ponte en contacto co Concello. 

O 25 de Novembro é o día internadional contra a violencia machista, a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo simple feito de o seren, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada.

Ler Máis

TEATRO NO CORGO

Representación da obra   CONTO DE NADAL

GRUPO DE TEATRO DOWN.

Sábado, 28 de outubro ás 19.30 h. no Centro Sociocultural do Corgo.

Tódolos públicos.

Entrada gratuita.

Circuitos teatrais da Excma. Deputación Provincial de Lugo, Área de Cultura. “Buxiganga 2017”

Ler Máis

Campaña de vacinación fronte a gripe 2017.

Do 23 de outubro ao 29 de decembro pónse en marcha a campaña de vacinación fronte o virus da gripe.

Dirixido especialmente a:

  • Persoas de 60 ou máis anos, especialmente as de 65 ou máis anos.
  • Residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros deatención a crónicos).
  •  Embarazadas.
  •  Nenos e adolescentes (de 6 meses a 18 anos) con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico.
  •  Persoas menores de 60 anos con patoloxías de risco (definidas na instrución).
  •  Profesionais de centros sanitarios, servizos e establecementos sanitarios.
  •  Estudantes en prácticas en centros sanitarios.
  •  Persoas que traballan en institucións pechadas.
  •  Persoas que proporcionan coidados a pacientes de risco.
  • Persoas que desenvolven traballos esenciais para a comunidade.
  •  Traballadores expostos directamente ás aves ou porcos nas granxas ou explotacións avícolas ou porcinas, e tamén ás aves silvestres.

Información da campaña.

Ler Máis

IX Carreira popular Arumes do Corgo. Memorial Quique Casanova.

O domingo día 22 de outubro, celébrase a IX carreira popular Arumes do Corgo, memorial Quique Casanova. O último día para inscribirse será o día 19 de outrubro, xoves,  ás 13:00 h. As inscricións faránse exclusivamente a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo www.atletismogalego.com

Consúlta no tríptico os horarios, categorías e toda a información referente  á carreira.

Triptico IX carreira popular Arumes do Corgo memorial Quique Casanova

Máis información no teléfono 626739390.

Correo-e: arumescorgo@gmail.com

www.arumescorgo.blogspot.com

 

 

Ler Máis

Plan de dinamización. Reuniones informativas GDR 4

 

Avda. de Lugo, Nº 89, 27220, Friol, Lugo.

982 23 80 00

info@comarcadelugo.gal

http://gdr4comarcadelugo.blogspot.com.es

Ler Máis

Bases que rexirán o procedemento selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar, complementaria da constituída en xullo 2016.

Publicación no Boletín oficial da Provincia das Bases que rexirán o procedemento selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda nofogar, complementaria da constituída en xullo do  2016.

Bases que rexirán o procedemento selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar, complementaria da bolsa constituída en xullo do 2016. Modelo de instancia e temario.

As instancias para poder tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante o modelo que figura no anexo I da presente convocatoria, dirixido ao alcalde, presentándose no Rexistro Xeral do Concello ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 30/92 do 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, (en sucesivas mencións Lei 30/92), no seu artigo 38, no prazo de cinco (5) as hábiles seguintes, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Bolen Oficial da Provincia de Lugo. Se o último día de prazo coincide con sábado, domingo ou festivo, entenderase que o prazo remata o primeiro día hábil seguinte. Se no prazo de 2 días hábiles a contar desde o seguinte á finalización do prazo de presentación non se recibe a solicitude, esta quedará rexeitada, polo que se recomenda a súa presentación no rexistro xeral das oficinas municipais do Concello do Corgo. No caso de presentar a solicitude noutro lugar ou por outro medio, o interesado deberá acreditar o dito envío, remitindo o mesmo día copia da solicitude e do xustificante do pago da taxa ao fax 982302068 ou por mail a concello.ocorgo@eidolocal.es. Sen este requisito a solicitude non será admitida en ningún caso.

As solicitudes poderanse remitir, así mesmo, na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

Ler Máis

Festa do avó

Comida de fraternidade para os maiores de 60 anos empadroados no Concello do Corgo e os seus cónxuxes.

Celébrarase o día 6 de setembro do 2017, mércores, no Polideportivo do Colexio do Corgo.

PREZO:

  • 5 € para as persoas empadroadas no Corgo, maiores de 60 anos.
  • 15 € para as persoas non empadroadas no Corgo maiores de 60 anos.

HORARIOS:

  • 13:30h.   Eucaristía.
  • 14:30h.   Comida.

OUTRAS ACTIVIDADES:

  • Actuación dun dúo musical, baile..
  • Sorteo de agasallos, etc..

NOTA:  AS TARXETAS retiránse no Concello do Corgo ata o día 4 de setembro (luns) en horario de 10:00h. a 14:00h. É imprescindible a presentación da tarxeta para acudir á comida.

Ler Máis