Acto de celebración do nomeamento a JESÚS ABUÍN ARIAS “Fillo predilecto e Cronista oficial do Corgo”.

O día 22 de setembro terá lugar no CENTRO SOCIOCULTURAL do Corgo, ás 12:30 h, a entrega do Nomeamento de “Fillo predilecto e Cronista oficial do Corgo” a

 JESÚS ABUÍN ARIAS.

  • No Restaurante Hostal Prados, celebrarase unha comida ás 14:00 h.
  • A retirada de tarxetas para asistir será no propio restaurante ata o día 15 de setembro.
  • Precio da comida : 25€

Ler Máis

EQUIPO DE INCLUSIÓN SOCIOLABORAL DO CORGO.

Dende o día 1 de agosto de 2018 o Equipo de Inclusión Sociolaboral de Baralla cambia a súa sede do Concello de Baralla para  a CASA  DAS ASOCIACIÓNS do Corgo, pasándose a chamar EQUIPO DE INCLUSIÓN SOCIOLABORAL DO CORGO, manterá o número de teléfono e mail de contacto que viñan empregando:

982363719 / 608500379 

baralla.inclusion@igualdadebenestar.org

A atención seguirá mantendo as súas principais liñas de actuación como servizo de  de proximidade á cidadaníe en cada un dos dezaoito concellos de referencia na demarcación xeográfica da Fonsagrada, os Ancares e Lugo,  coa colaboración dos servizos sociais e de emprego municpais, aproveitnado ao máximo as sinerxias que xurden no traballo en rede.

 

 

Ler Máis

ROMARIA FOLK NO RIO CHAMOSO 2018

Os días 28 e 29 de xullo terá lugar na praia fluvial Río Chamoso a  XV romaria folk.

O sábado a partir das 18:00 h:

-BATUXADA NO CHAMOSO. Proba de velocidade de embarcacións feitas con material de regugallo no Rio Chamoso

-SESIÓN DE XOGOS  E ANIMACIÓN INFANTIL

Á noite feste e verbena coa orquesta

 

GRAN PARADA.

 

O domingo, dende as 12:00 h.

-FEIRA DE ARTESANÍA E DEMOSTRACIÓN DE OFICIOS TRADICIONAIS.

-EXHIBICIÓN DE TALLA DE MADEIRA CON MOTOSERRAS.

ACTUACIÓNS DE

–  A. C. A LEGUA DEREITA DO CORGO

– OS CARAPAUS.

– PINGARELA (Musiqueando da Deputación Provincial de Lugo)

 

 17.00 h.Festival folclórico:

TROUPELEAR.

AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA XILBARBEIRA  DE BOIRO.

A.C. A LEGUA DEREITA DO CORGO.

Coa colaboración de As Cernellas de  Sta. María de Bóveda.

 

 

 

 

Ler Máis

Horario e realizacion do 1º exercicio xefe de brigada e conductor de motobomba. Campaña incendios 2018

Publicación das listas e horario  para a realización do primeiro exercicio nas categorías de Xefe de Brigada e Conductor de Motobomba.

HORARIO E REALIZACIÓN DO 1º EXERCICIO XEFE DE BRIGADA E CONDUCTOR MOTOBOMBA. XULLO 2018

Ler Máis

Viaxe ás praias. Verán 2018

O Concello do Corgo lévate os XOVES ás seguintes praias.

 DATAS DESTINOS.
Día 5 de xullo  SAN MIGUEL DE REINANTE.
Día 12 de xullo  FOZ 
Día 19 de xullo ARES 
Día 26 de xullo. TAPIA DE CASARIEGO (Asturias)
Día 2 de agosto. BENQUERENCIA
Día 9 de agosto. SAN CIPRIÁN
Día 16 de agosto. COVAS (Viveiro)
Día 23 de agosto  RIAZOR
 Dia 30 de agosto  MIÑO

 

  • HORA DE SAÍDA HABITUAL: ÁS 9:00 H DA MAÑÁ.
  • LUGAR DE SAÍDA: EDIFICIO DA ANTIGA CÁMARA AGRARIA.
  • PREZO: 6,00 € OS EMPADROADOS, E 10,00 € OS NON EMPADROADOS NO CONCELLO.
  • INSCRICIÓNS: OS LUNS SEGUINTES Á VIAXE ATA O DÍA ANTERIOR, A PARTIRES DAS 10:00 H. DA MAÑÁ E ATA AS 13:00 H. CHAMANDO UNICAMENTE AO TELÉFONO 618723269
  • PODERÁN INSCRIBIRSE DE LUNS A MÉRCORES.

NOTAS IMPORTANTES:

– DIÑEIRO DE PAGO DA VIAXE: CANTIDADE XUSTA.

– O DESTINO DA PRAIA PODE SER VARIADO SEGUNDO O TEMPO ATMOSFÉRICO.

– OS ASENTOS ASIGNARANSE SEGUNDO A ORDE DE INSCRICIÓN.

– SE VOSTEDE SE INSCRIBE E POR CALQUERA CIRCUNSTANCIA NON PODE IR A VIAXE, POR FAVOR, AVÍSENOS CON ANTELACIÓN PARA PODER DISPOÑER DA PRAZA.

– NON SE POÑERÁ UN SEGUNDO AUTOBÚS OU TERCEIRO SE NON HOUBERA UN MÍNIMO DE 20 PERSOAS INSCRITAS.

 

Ler Máis

XIII FEIRA DO CABALO DE ADAI

XXIII FEIRA DO CABALO DE ADAI DOMINGO 24 DE XUÑO DE 2018 ADAI – O CORGO (LUGO)

Programa de actividades:

09.30h. – Apertura do recinto feiral.

10:00h -13:30 Entrega de agasallo de benvida ós cabaleiros.

11.00h.- Inscripcións na mesa do xurado para os concurso Morfolóxicos para cabalos e eguas de pura raza galega puntuable para a “ XVII Copa Galicia P.R.G” ,maiores de tres anos e cabalos e eguas cruzados.

11.30 h.-. Concurso Morfolóxico para cabalos de pura raza galega puntuable para a “ XVII Copa Galicia P.R.G maiores de tres anos.

12.00h.- Concurso Morfolóxico de eguas de pura raza galega puntuable para a “ XVII Copa Galicia P.R.G maiores de tres anos.

12.30h.-Concurso Morfolóxico de cabalos cruzados. Maiores de tres anos.

13.00 h.- Concurso Morfolóxico de eguas cruzadas. Maiores de tres anos.

13,30 HORAS.- EXHIBICION DE DOMA CON CABALOS DE PURA RAZA GALEGA DA ASOCIACION PURA RAZA CABALO GALEGO E ENTREGA DE TROFEOS E PREMIOS DOS CONCURSOS MORFOLÓXICOS.

Premios en cada categoría participante:

1º PREMIO.- 115 €+trofeo ou escarapela.

2º PREMIO.- 80 € + trofeo ou escarapela.

3º PREMIO.- 60 € + trofeo ou escarapela.

4º PREMIO.- 30 € + trofeo ou escarapela

17,00 A 18,00 HORAS.- GRAN EXHIBICIÓN DE DOMA DE ALTA ESCOLA, DOMA CLÁSICA, FANTASÍAS ECUESTRES E DOMA EN LIBERDADE CON MANUEL PIÑON, PAULA FEIJOO, TONI CABO E IRENE HERNANDEZ

“ACTUACIÓN DA CHARANGA DGT”

Nota importante- É obrigatorio recoller o premio có cabalo ou egua gañador/a do mesmo. De non ser así, non se entregará. Os premios indicados no cartel da feira estipulados para cada categoría en concurso, pagaránse mediante transferencia bancaria e aplicaráselles a retención do IRPF establecida pola Axencia Tributaria en cumplimento das obrigas fiscais. Do mesmo xeito aplicaráselle dita retención aos xuíces e demáis persoal colaborador. (Todos os participantes deberán facilitar o número de conta bancaria).

Bases e normas de participación na feira cabalar e nos concursos morfolóxicos. Adai 2018

Ler Máis

Bases do procedento selectivo para a contratación de persoal laboral temporal e formación de bolsa de emprego para as brigadas de incendios (Convenio coa Consellería de Medio Rural)

Publicación no Bop de Lugo do 2 de maio, das bases que rexirán o procedemento de selección de persoal laboral temporal  e a formación dunha bolsa de emprego, ao abeiro do Convenio de colaboracion entre a Consellería de Medio Rural e do Mar e a entidade Local,  mediante a realizacion de tratamentos preventivos en  v ías e camiños de titularidade municipal con tractor e a actuación de brigadas de prevención  e defensa de contra incedios.

A presente convocatoria ten por obxecto a selección de:
Unha brigada de incendios, cos seguintes postos:
• 1 xefe de brigada
• 1 peón conductor
• 4 peóns de brigada

 Unha brigada de tratamentos preventivos con tractor con desbrozadora:
• 2 conductores tractor-desbrozadora
•2 Peones forestais de apoio ao tractor

Bases do procedento selectivo para a contratación de persoal laboral temporal e formación de bolsa de emprego para as brigadas de incendios ( Convenio coa Consellería de Medio Rural)

Ler Máis

XORNADAS INFORMATIVAS : AXUDAS AO INVESTIMENTO EN EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS “PLANS MELLORAS”

GDR4 .ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL DA COMARCA DE LUGO.

Xornada informativa no CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO  o martes, día 27 de marzo, ás 16:30 horas.

CALENDARIO PRESTACIONS  MARZO 2018.

 CONCELLO DIA HORA LUGAR
 CASTROVERDE 22 DE MARZO 12:30 SALÓN DE ACTOS DO CPI CASTROVERDE.
 GUNTÍN 23 DE MARZO 16:30  CASA DA CULTURA DE GUNTIN.
 O CORGO 27 DE MARZO 16:30 CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.
OUTEIRO DE REI-RABADE-LUGO 28 DE MARZO 16:30 CASA DA CULTURA DE OUTEIRO DE REI.

Información e contacto.

GDR 4. asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo.

Avd. Lugo , nº 89, 27720 Friol.

 Tlf. 982308000

info@comarcadelugo.blogspot.gal.

http://gdr4comarcadelugo.blogspot.com.es/

 

Ler Máis

Prodemento selectivo de formación dunha bolsa de emprego para auxiliares de axuda no fogar

O martes, día 13 de marzo, publícase no diario EL PROGRESO  de Lugo o anuncio do procedemento de selección para a formación dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar. 

Esta convocatoria rexerase polas Bases do procedemento selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar, complementaria da bolsa constituída en xullo do 2016 publicadas no Bop de Lugo  nº 192, do 22 de agosto do 2017.

Consulta o anuncio . Procedemento selectivo para formación de bolsa de emprego axuda no fogar. Marzo_2018.  

Os interesados en participar neste procedemento selectivo presentarán instancia no Concello no prazo de  5 días hábilies a partir do día seguinte á publicación deste anunio.

 

Ler Máis

Solicitude de prazas na Casa niño KikÍ.

O prazo de  prescripción para solicitar praza na CASA NIÑO KIKÍ do Corgo para o ano 2018/2019 abrirase do 1 ao 31 de abril.

Os interesados poden recoller  o impreso para realizar a solicitude tanto na casa niño  como nas oficinas municipais.

Ler Máis