
Reserva de praza, inscripción e matricula no PAI
O Punto de Atención ál Infancia do Concello do Corgo abrirá o prazo de reserva inscripción/matricula para o vindeiro curso 2026/2027.
Os prazos de inscripción segundo o regulamento orgánico do punto de atención á infancia son os seguintes:
-Os nenos/as xa matriculados no curso actual e que desexen continuar para o curso 2026/2027 terán dereito á reserva de praza, a cal levarase a cabo entre o día 1 de abril e o 17 de abril ( ambos inclusive).
-As novas solicitudes de admisión ( inscripción e matrícula) atenderánse do 20 de abril ao 4 de maio ( ambos inclusive).
Posteriormente, a listaxe provisional de admitidos sairá publicada o 18 de maio na páxina web do concello do Corgo, e a listaxe definitiva de admitidos sairá publicada o 2 de xuño na páxina web do concello do Corgo.
Para presentar tanto as reservas de praza como as novas solicitudes deberán dirixirse en horario de 09:00 h a 15:00 horas ás oficinas municipais do Concello do Corgo nos prazos anteriormente citados.
O que se fai público para xeral coñecemento.
A dirección do PAI
