admin 25 de Abril de 2015 0

Liga de Fútbol-Sala O Corgo 2014-15

As presentes bases rexerán o campionato de liga que se disputará no Pavillón Municipal do Corgo, en horario nocturno, de 21:30 a 22:30 horas, os días luns e xoves. Engadiránse máis días se o número de equipos fose superior a dez.

O motivo deste campionato é o de organizar o horario do Pavillón municipal, para favorecer un reparto xusto de tempo entre os equipos que soliciten participar na “liga”. Non ten carácter de federada nin se esixe un seguro obrigatorio para xogar. Eso sí, dado o carácter voluntario de participación calquera lesión que xurda no xogo correrá por conta do xogador.

Cada xogador asinará un documento que recolle a voluntade de xogar de xeito libre e voluntario, e entregará unha fotografía visible para a ficha.

Cada equipo nomeará un delegado e facilitará o seu número de teléfono para calquera notificación.

Os equipos deixarán en depósito 50 €, co que farán frente a impagos de arbitraxe ou desperfectos intencionados no mobiliario ou instalacións

A organización non se responsabiliza dos danos materiais ou físicos que os xogadores poidan ocasionar

A comisión de cinco tarxetas amarelas sanciónase con 5 € , e as vermellas directas con 5 €.

O Número de xogadores por equipo poderá ser de 15 , e engadirse fichas ata cinco xornadas antes de que finalice o torneo.

Cada equipo pode solicitar aprazamento de un partido por motivo xustificado. O número de aprazados non pode ser maior de dous.

As fichas entregaránse ao principio do partido. O xogador que entre ao campo na segunda metade do tempo ten que estar no pavillón durante a primeira parte.

Cada parte de xogo dura 25 minutos. Só se interrumpirá por motivo xustificado e o tempo preciso.

A non comparecencia dun equipo da lugar á victoria do equipo rival por 3-0.

O custe da arbitraxe é de 24 euros.