Categoría: Xeral

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado de primaria, secundaria e ESO en centros públicos. Fondo solidario de libros.

ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

Obxecto da convocatoria:

– A participación no fondo  solidario de libros corresponde a alumnos que cursen 3º, 4º, 5º, 6º de primaria, e 1º e 3º de ESO.

– A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto dirixarasae a alumnos de 1º e 2º de primaria, e 2º e 4º de ESO e en Educación Especial.

-A convocatoria de axudas para adquirir material escolar esta destinada ao alumnado de educación Primaria, ESO e Educación Especial.

-Os alumnos de  centros con proxecto de educación dixital  (E-DXGAL) están excludidos de participar no fondo de libros e nas axudas de libros, pero poden solicitar as axudas para material escolar.

Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.  Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda. 

Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: catro (4) libros de texto.

c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda.

O importe máximo para cada libro complementario será de: 30 euros en EP e 35 euros en ESO

A contía da axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP, de 2º e 4º de ESO e para alumnado de EE será a seguinte:

a) Para o alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: EP (1º e 2º): 170 euros. ESO (2º e 4º): 180 euros.

b) Para o alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: EP (1º e 2º): 90 euros. ESO (2º e 4º): 104 euros.

c) Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 250 euros con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP, ESO e EE con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros será de 50 euro

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2016/17, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. Se están admitidos en centros docentes distintos, presentarse unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2016/17.

 As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, preferiblemente no centro docente, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

Ao rematar o curso 2015/16, o alumnado beneficiario de libros de texto ou de material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido con axudas para libros de texto deberá devolvelos ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2016/17.
O prazo máximo para devolvelos será o 23 de xuño de 2016, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 7 de setembro de 2016.

 

Ler Máis

Periodo de cobro de taxas de auga e lixo.

 

Ábrese o periodo de pago  da Taxa de recollida de lixo e taxa polo servizo de auga domiciliaria, (incluído o canon da auga), correspondente o 2º semestre do 2015.
Plazo de ingreso en período voluntario: 5 de maio ó 5 de xullo de 2016.

 

 

Ler Máis

Imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

 

No Bop do luns, 18 de abril do 2016, publícase o anuncio do Servizo de Xestión Tributaria e Recadación provincial, onde se informa do inicio  do periodo voluntario de cobranza  de débedas tributarias de vencemento público.

 De conformidade co establecido nos artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, aprobado por Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, comunícase que o prazo de ingreso en período voluntario do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica, taxas, prezos públicos, dos concellos que se relacionan no anexo, empezará a contar o día 18/04/2016 e finalizará o día 20/06/2016, ambos os dous incluídos.

O ingreso das débedas realizarase en calquera oficina da Entidade ABANCA, “La Caixa” – Caixabank SA, e Banco Bilbao Vizcaya Argentaria S. A. (BBVA), en días laborables, de luns a venres, de 08:30 a 14:00 h, na que se presentará o documento de ingreso que se envía, por correo, aos domicilios dos contribuíntes. As persoas que non reciban ou extravíen o documento de ingreso, poderán solicitar un novo na oficina da entidade bancaria e realizarán, igualmente, o pagamento.

O pagamento dos citados tributos poderase domiciliar, para anos sucesivos, en caixas de aforros, bancos e demais entidades financeiras. Para este trámite será necesario cubrir o impreso de domiciliación que acompaña ao documento cobratorio e remitilo ao Servizo de Xestión Tributaria e Recadación, ou ben entregalo en calquera oficina de ABANCA (antes Nova Galicia Banco) cando a domiciliación se refira a unha conta aberta nesta entidade.

Consecuencia de falta de pago.

Infórmase tamén que, transcurrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas faranse efectivas pola vía de prema e serán esixibles as recargas do período executivo e os xuros de mora correspondentes, tal como estipulan os artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, do dezasete de decembro, xeral tributaria e, se é o caso, as custas que se produzan.

Ler Máis

Campaña de verán 2016.

Campamentos da Xunta De Galicia. Xovenes de 9 a 17 anos.

Públicase no DOG do 8 de abril a oferta de prazas para a campaña de verán baixo a orde do 1 de abril de 2016 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2016 e se procede á súa convocatoria.

Para facilitar que a xuventude galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades para o ano 2016 que se detalla no anexo I desta orde.

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo, agosto e setembro.

A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web: www.xuventude.net.

Entre os servizos que se ofertan están : Programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial. Aloxamento en albergue, residencia xuvenil ou campamento. Manutención en réximen de pensión completa, material para as actividadades, profesionais especializados para desenvolverlas, atención sanitaria e seguro de accidentes, etc.

A participación na oferta da Campaña de verán 2016 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

En canto as idades dos participantes cabe destacar que:

– Os/as nacidos/as no ano 1998 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.

– Os/as nacidos/as no ano 2007 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Campos de traballo.  Xovenes de 18 a 30 anos.

O día 22 de abril ábrese o prazo para a inscrición nos campos de traballo da Xunta de Galicia.  Nesta oferta destacan iniciativas culturais e etnográficas, ambientais, de construcción e restauración, de dinamización social con temáticas relacionadas coa formación lingüística e co turismo, sociais e arqueolóxicas.

As localidadeas galegas elixidas son Boqueixón, Rois, Melide, A Coruña, Ourense, Celanova e Vigo.

Noutras comunidades autónomas terán lugar na Rioxa, Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias,Cantabria, Castilla a Mancha, Castilla León, Cataluña, Ceuta, Estremadura, Madrid, Melilla, País Vasco e Valencia.

Tamén se ofertan prazas no extranxeiro.

Aos voluntarios ofréceselles:

  • Un proxecto sempre de dimensión social, na procura da mellora ambiental do noso contorno, da convivencia entre as persoas, dun mellor desenvolvemento e integración das discapacidades, dun maior coñecemento da nosa cultur e a nosa realidade.
  • Un equipo humano que os/as acollerá e lles axudará a levar a cabo o traballo programado e a dinamización do campo.
  • Os medios materiais necesarios para desenvolveren as tarefas específicas de cada campo.
  • Un programa con actividades de convivencia, de animación, de lecer e tempo libre.
  • Aloxamento e manutención durante todos os días que dure a actividade.
  • Un seguro de accidentes e responsabilidade civil.

Atopa máis información aquí.

Ler Máis

As axudas da PAC

 

 O xoves día 31 de marzo, ás 11 da mañá, terá lugar unha charla informativa sobre a PAC  e as súas novidades.

Será impartida por Fernando López, Xefe de Servizo do FOGGA,no salón de actos do Edificio Administrativo de Lugo ( Ronda da Muralla)

As axudas da PAC supoñen unha inxección de case 200 millóns de euros no agro galego, repartidos entre uns 33.000 solicitantes, que repercuten favorablemente no sector como un salvavidas nestes tempos de crise.
A Pac é unha política común a tódolos estados da Unión Europea en materia agrícola, que se creou no 1962 e estaba enfocada a mellorar a productividade agraria así como garantizarlles aos agricultores un nivel de vida razonable e suministrar aos consumidores alimentos a precios asequibles. Hoxe en dia,  as bases da Pac fan tesón en aspectos como a xestión sostenible dos recursos naturais, o benestar animal ou a seguridade alimentaria.
Para cobrar as axudas segue sendo necesario cumprir as condicións do ‘pagamento verde’, pero con cambios. A verificación dos cultivos principais para cumprir a diversificación irá dos meses de maio a xullo e non de maio a setembro como o ano pasado. Pero a novidade máis destacada afecta a declaración de superficies de interese ecolóxico. Agora poderán xustificarse con cultivos fixadores de nitróxeno que se sementen despois do cultivo principal, evitando así ter que deixar superficies a barbeito.
O cobro de cada explotación varia en función do tamaño, dos dereitos de pagamento adquiridos nas convocatorias precedentes, da actividade etc. Subvencionase dende a producción do leite e acria de ovellas e cabras, o engorde de becerros, a sembra de cereais e legumes…
Os solicitantes poderán optar por:
• Realizar a solicitude a través das entidades colaboradoras asinantes dun convenio para tal efecto co Fogga. nas 50 entidades colaboradoras, entre bancos, entidades para aconsellar e Agaca, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias
• Realizar persoalmente a súa solicitude no  seguinte enlace , para o que precisan dispoñer dun certificado dixital con vixencia.
O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2016 iniciouse o día 1 de febreiro e remata o 30 de abril.

Lémbrase que o Concello do Corgo pon a disposición dos veciños solicitantes,  o servizo de búsqueda e impresión gratuita das fichas do SIXPAC no Telecentro Municipal ( Centro Sociocultural do Corgo)

Ver orde do 29 de xaneiro de 2016

Ler Máis

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local

emprego, formación, asi como o asesoramento a desempregados na búsqueda activa de emprego.

A axencia de emprego e desenvolvemento local esta cofinanciada pola Conselleria de Traballo e o Concello do Corgo.

Actividades e servizos:

  • Promoción económica e fomento de emprego. _-Creación de empresas  –Incentivos a contratación por conta allea.
  • Información sobre as axudas e subvencións.
  • Promoción da formación. Dende a oficina do axente de emprego trátase de organizar cursos para obter novos coñecementos e adquisicións de habilidades.
  • Asesoramento en técnicas de búsqueda do emprego, orientación e inserción laboral. Axúdase o demandante de emprego a elaborar curriculum vitae, cartas de presentación, etc..
  • Bolsa de emprego loca. Trátase dunha ferramenta de traballo que permite por en contacto a empresarios con demandantes de emprego. Se eres demandante de emprego achégate o concello e integrate na bolsa de emprego.

 

Ler Máis

O despliegue da tecnoloxía móvil 4G e as posibles interferencias na sinal TDT

A raíz de que os operadores de móvil están ofrecendo servizos 4G ( co que se permite acadar conexión de moi alta velocidade, mellorala cobertura nos edificios e conseguir unha maior amplitude nas zonas rurais),e como estes servizos móviles 4G usarán a frecuencia 800MHz ( antes empregada pola televisión dixital terrestre TDT) a sinal de TV podería verse afectada por interferencias (sobre todo nas proximidades ás estacións que emiten a sinal de telefonía móvil).
Para solucionar este posible problema, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo aprobou a Orde IET/329/2015, do 26 de febreiro, na que se establecen actuación que deben realizar os operadores (Orange, Telefónica e Vodafone) nas instalación de recepción de televisión, para garantir que non se vexan afectadas ás condicións de recepción do servizo de televisión.
Como actuación preventiva, os cidadáns que residan nas zonas con máis posibilidade de afectación recibirán una comunicación no seu domicilio coa que se lles informa de cómo solicitar de xeito totalmente gratuito a adaptación da antena para evitar interferencias e seguir recibindo os canais de televisión en condicións de calidade.
Na maior parte dos casos a intervención consistirá na colocación dun filtro na instalación de recepción de televisión (antena), de xeito preventivo antes do encendido das estacións 4G. Todas as actuacións técnicas e necesarias que se realicen sen coste para os cidadans.
Para a xestión e execución destas accións os operadores contrataron a empresa ELECNOR, baixo a marca “Llega 800”, que será a encargada de solucionar calquera afectación que xurda na recepción da sinal do TDT, causada polas emisións de 4G.
O telefóno habilitado para a atención do usuario é o 900833999, con carácter gratuito.
A páxina web para solicitar a resolución das afectacións para restablecer o servizo TDT é www.llega800.es

Accede ao boletín informativo

 

Ler Máis

Orientación Laboral

De cara a lograr a inserción laboral e/ou mellora da empregabilidade das persoas usuarias do servizo, realízanse entre outras as seguintes accións:

  • Información sobre o mercado de traballo e as medidas e actuacións levadas a cabo polos servizos públicos de emprego.
  • Diagnóstico individualizado ou perfil das persoas demandantes de emprego que inclúa toda a información posible de cara a medir o grao de empregabilidade e clasificar o/a demandante segundo as súas necesidades.
  • Deseño, realización e seguimento dos itinerarios individuais e personalizados e emprego que inclúan unha proposta de derivación a accións para a mellora da empregabilidade (desenvolvemento de aspectos persoais, busca activa de emprego, traxectoria formativa individual, emprendemento, etc).
  • Relación con empresas e outros axentes do mercado de traballo.

VÍAS DE ACCESO: A través do centro titor do Servizo Público de Emprego de Galicia ou da Oficina de Emprego de referencia.

Ler Máis

Aprobación do proxecto de urbanización que contempla o desenvolvemento do plan especial para equipamento de residencia de terceira idadade promovido por Pindoval e hijos, S.L

A Xunta de Goberno Local deste Concello, na súa sesión do día 25 de febreiro de 2016, aprobou inicialmente o “Proxecto de urbanización en desenvolvemento do plan especial de dotacións para equipamentos en solo rústico” promovido por PINDOVAL E HIJOS, S.L.

O anuncio publícase no diario provincial ” El Progreso” o 27 de febreiro,  e no Boletín Oficial da Provincia do dia 7 de marzo, (Bop nº54 ), e a partir do día seguinte a ésta notificación  ábrese un prazo  para a información pública de 20 días. 

Ler Máis

O Concello do Corgo asina un contrato coa Protectora de animais e prantas de Lugo

O Concello do Corgo ven de asinar un contrato coa Sociedade Protectora de Animais e Prantas de Lugo para este ano. A través deste acordo, será a Protectora lucense, quen unha vez avisada, se  encargue da recollida de animais que aparezcan abandonados nesta localidade.

O Concello pola súa parte colabora económicamente coa Sociedade protectora, deste xeito,  a prestación  do servizo realízase   a través dunha  entidade profesionalizada, xa que como se contempla na Lei da Xunta de Galicia, os concellos teñen que poñer medios  para tratar o problema do abandono de animais domésticos.

Protectora de Lugo

 

Ler Máis