Categoría: Xeral
PRENDE! BOTA RAÍCES NO RURAL . PROGRAMA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
O Xoves día 16 de Xaneiro, ás 13:30 horas no Centro sociocultural do Corgo, preséntase o programa PRENDE! BOTA RAÍCES NO RURAL DA DEPUTACIÓN DE LUGO,destinado a contribuír a mellora da empregabilidade no rural mediante a formación consistente na financiación dos custos directos en materia de autoemprego e creación de empresas, así coma na formación específica en materias de sectores concretos: hostalería e turismo, enerxía e auga, agricultura e gandería e medioambiente.
Está dirixido a aqueles mozos e mozas que desexen participar na formación dalgunha das materias específicas propostas que queiran asentar a súa vivenda nalgún concello dos participantes definidos no Anexo I destas bases, e cumpran cos requisitos seguintes:
* Mozos e mozas MAIORES DE 16 E MENORES DE 30 ANOS no momento da solicitude.
* Estar INSCRITOS NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL.
* Os mozos e mozas beneficiarios de calquera medida deben estar EMPADROADOS durante o período de vixencia da subvención nalgún dos municipios recollidos no Anexo I- LISTAXE DE CONCELLOS desta convocatoria.
* Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a recollidas nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, de novembro, xeral de subvencións en concordancia coa Lei 9/2007 de xuño, de subvencións de Galicia.
FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
* Presentación telemática a través da sede electronica http://sede.deputacionlugo.org
* Presentación en papel: descargando a documentación que se atopa na web e na sede electrónica da Deputación de Lugo.
PRAZO: 17/12/2019 AO 20/01/2020
DOCUMENTACIÓN XERAL.
* Solicitude de adhesión a Medida 8.2.3.1. “Genérate tu empleo en el rural” Prende!Bota Raíces no Rural asinada.
* DNI ou NIE do solicitante e do representante de ser o caso
* C.V actualizado.
* Certificado de empadroamento a data da solicitude.
* Xustificante de inscrición no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil.
* Anexo II – Declaración responsable do participante ao inicio da actuación asinado.
* Anexo III – Autorización para actuar como representante a efectos da solicitude, de ser o caso.
* Certificacións de estar o corrente das obrigas tributarias (Axencia Estatal e Autonómica), Seguridade Social e Deputación de Lugo.
* Certificado da conta bancaria onde conste como titular o solicitante.
Durante a formación de 4 semanas, percibirán 14€ por día, e no periodo de prácticas en empresas, de 8 meses, un soldo mensual como mínimo de 900€
Para máis información ou dúbidas podedes poñervos en contacto a través do 982.260.204 e no enderezo electrónico agenciadecolocación@deputacion
Bases do programa en arquivo adxunto deste anuncio.
CUSO DE ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS.
CONTIDOS DO CURSO:
1.- DEMENCIA.
- DEFINICIÓN.
- EPIDEMIOLOXÍA.
- ETIOLOXÍA.
- CLASIFICACIÓN E TIPOS
2.- ASPECTOS PSICOSOCIAIS DAS DEMENCIAS.
- PERFIL COGNITIVO SEGUNDO A DEMENCIA E FASES.
- PROBLEMAS CONDUCTUAIS.
- INTERVENCIÓNS/PAUTAS EN RELACIÓN AOS DÉFICITIS COGNITIVOS.
- INTERVENCIÓNS /PAUTAS PARA O MANEXO CONDUCTUAL.
- SOBRECARGA DO CUIDADOR.
3.- A OCUPACIÓN EN PERSOAS CON DEMENCIA.
- DEFINICIÓN DE OCUPACIÓN E TIPOS.
- POR QUÉ SE VE AFECTIADA A OCUPACIÓN EN PERSOAS CON DEMENCIA?
- CÓMO ACTUAR? PAUTAS PARA O DÍA A DÍA.
DIPLOMA ACREDITATO
DATA: VENRES 31 DE XANEIRO.
HORARIO: DE 16:00 A 20:00H.
LOCAL: ANTIGA ESCOLA DE GOMEÁN.
CURSO GRATUITO.
ORGANIZA CONCELLO DO CORGO.
MAIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU 620731543
O Corgo no mapa sonoro de Galicia.
O mapa sonoro de Galicia é un proxecto do Consello da Cultura cun total de 500 rexistros sonoros, onde entre outros, segundo recolle o artigo de María Guntín na Crónica Poética, na Voz de Galicia, figuran os sons que se desprenden ao rozar os toxos , ou peneirando o gran en Marei, ademáis doutros sons da natureza, como o das follas secas no Corgo ou os cánticos da auga que corre polo río Miño.
O Concello do Corgo convida aos veciños a proxección da película ” O que arde”. Agasallos de cine.
Dentro da programación destas festas de Nadal, o Concello do Corgo inclúe a invitación aos seus veciños de disfrutar da película “O que arde”, onde intervén a nosa paisana Benedicta Sánchez.
A sesión será o xoves, día 2 de xaneiro, nos cines Codex de Lugo, ás 17:30 h. A entrada será gratuita para os interesados en asistir, previa inscripción no Centro Sociocultural ou nos teléfonos 982302377, ou 620731543. Haberá servício de autobus gratuito para os que soliciten este medio de transporte, que sairá da Cámara agraria do Corgo ás 17:00 h. Aforo máximo 215 persoas.
…Este Nadal, agasallos de Cine!!…
Boas Festas!
Programación de Nadal para nen@s
CAMPAMENTO DE NADAL
DATAS. 23, 26, 27, 30 de DECEMBRO , 2 E 3 DE XANEIRO.
HORARIO: 9:00 A 15:00 HORAS.
LOCAL: CENTRO SOCIOCULTURAL.
DESTINATARIOS: NEN@S DE 3 A 12 ANOS.
INSCRICIÓNS: NO CENTRO SOCIOCULTURAL. ANTES DO DÍA 20. MAIS INFORMACION NO 982302377 OU NO 620731543
RECOMÉNDASE TRAER AUGA E ALMORZO PARA MEDIA MAÑÁ.
VIAXE A XUVENLUGO.
DATAS: 27 DEDECEMBRO, VENRES.
PREZO: 2 EUROS PERSOA.
HORARIO: DE 16:30 A 20:30 NO PAZO DE FEIRAS DE LUGO.
RETIRADA E ENCARGA DE ENTRADAS ANTES DO XOVES 26. NO CENTRO SOCIOCULTURAL OU NO 620731543
CABALGATA DE REIS.
DÍA: 5 DE XANEIRO.
HORARIO: ÁS 16:30 SAIRÁN OS REIES MAGOS DO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.
LOCAL: PAVILLÓN MUNICIPAL DO CORGO.
TRALA VISITA DOS REIS E ENTREGA DE AGASALLOS, HABERÁ CHOCOLATE E ROSCÓN PARA TÓDOLOS ASISTENTES.
PARA PODER SUBIR AO ESCENARIO A RECOLLER OS AGASALLOS E PRECISO QUE OS NEN@S ESTÉN INSCRITOS ANTES DO DÍA 3 DE XANEIRO.
MÁIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU NO 620731543
Calendario 2020
Estimados veciños,
Como en anos anteriores o concello do Corgo pon a disposición de tódolos veciños e veciñas calendarios para o vindeiro ano.
O calendario do 2020 conta cunha serie de fotografías de lugares e edificios emblemáticos do noso concello, así como os telefónos de interese.
Poden recoller os calendarios nas oficinas municipais.
Bó Nadal e Feliz aninovo!
O alcalde.
Benedicta Sánchez candidata a un premio Goya. Parabéns.
O Concello do Corgo unha vez máis presume de veciña, xa que Benedicta Sánchez, opta a conseguir un dos galardóns da academia cinegráfitica española, o Goya á mellor actriz revelación polo seu papel na película “Lo que arde”. Con 84 anos e sen experiencia previa no cine, Benedicta vai competir nesta categoría coas actirices Carmen Arrufat por «La inocencia», Pilar Gómez por «Adiós» y Ainhoa Santamaria por «Mientras dure la guerra». na 34 edición destes premios.
O director Oliver Laxe tamén se medirá coa película “Lo que arde” con “Mientras dure la guerra” de Alejandro Amenábar, “Dolor y gloria” de Pedro Almodóvar e “Intemperie” de Benito Zambrano e “La trinchera infinita” na categoría de mellor película.
Ver notica e entrevista: La voz de Galicia; El progreso.