Categoría: Xeral

XIV Certame literario “Terras de Chamoso”

A Asociación Cultural Arumes do Corgo organiza outro ano máis o certame literario Terras de Chamoso, que no 2020 acada a súa décimo cuarta edición. Un certame que se atopa totalmente consolidado no panorama literario galego e que ten moita acollida entre os centros educativos da comarca. Trátase dun certame de relato e poesía breves para as categorías infantíl (10, 11, 12 e 13 anos), xuvenil (14, 15, 16 e 17 anos) e adultos (maiores de 18).

Os traballos teñen que estar en galego, temática libre, e o prazo de entrega remata o 27 de novembro de 2020. A entrega de premios farase nun acto cultural, musical e literario con moitas sorpresas o sábado, 19 de decembro de 2020 no Centro Sociocultural do Corgo (se as condicións epidemiolóxicas o permiten).

Este ano continuamos co Premio “A Legua Dereita” de cultura tradicional galega (en colaboración coa Asociación Cultural A Legua Dereita) para modalidade relato e categoría infantil (ver bases).

 Asociación Cultural Arumes do Corgo

www.arumescorgo.blogspot.com

Ler Máis

Listado provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo dun CONSERXE para o CEIP DO CORGO

Publicación do listado provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo dun conserxe para o Ceip do Corgo.

Listado provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo dun CONSERXE.

Ler Máis

BASES DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A MEDIA XORNADA (1 CONSERXE PARA O CEIP DO CORGO) AO ABEIRO DO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2020 DA DEP. PROVINCIAL DE LUGO

Publicación das bases que rexirán o procedemento de selección de persoal laboral temporal a media xornada para Conserxe do CEIP do Corgo. Programa Fomento do Emprego.(Boletin Oficial da Provincia de Lugo do 21 de setembro do 2020. Nº 217)

Bases para o procedemento selectivo dun conserxe para o Ceip do Corgo . Programa Fomento do Emprego 2020.

Ler Máis

Convocatoria de reunión para usuarios do P.A.I.

 

 

Ante o inicio do novo curso 2010-21, a dirección do P.A.I do Corgo convoca a tódolos pais/nais dos alumnos a unha xuntanza informativa o MÉRCORES día 26 de agosto ás 12:00 h no Centro  Sociocultural do Corgo.

Ler Máis