Categoría: Xeral

XV Certame literario “Terras de Chamoso”

A Asociación Cultural Arumes do Corgo organiza outro ano máis o certame literario Terras de Chamoso, que no 2021 acada a súa décimo quinta edición. Un certame que se atopa totalmente consolidado no panorama literario galego e que ten moita acollida entre os centros educativos da comarca. Trátase dun certame de relato e poesía breves para as categorías infantíl (10, 11, 12 e 13 anos), xuvenil (14, 15, 16 e 17 anos) e adultos (maiores de 18).

Os traballos teñen que estar en galego, temática libre, e o prazo de entrega remata o 26 de novembro de 2021. A entrega de premios farase nun acto cultural, musical e literario con moitas sorpresas o sábado, 18 de decembro de 2021 no Centro Sociocultural do Corgo (se as condicións epidemiolóxicas o permiten).

Este ano continuamos co Premio “A Legua Dereita” de cultura tradicional galega (en colaboración coa Asociación Cultural A Legua Dereita) para modalidade relato e categoría infantil (ver bases).

 Asociación Cultural Arumes do Corgo

www.arumescorgo.blogspot.com

Ler Máis

Listado provisional de admitidos e excluídos no procedemento de selección dun/ha TRABALLADOR/A SOCIAL.

 Publicación do listado provisional   do procedemento de selección de persoal laboral temporal e formación dunha bolsa de emprego dun posto de TRABALLADOR/A  SOCIAL.

Listado de admitidos/as excluídos/as do proceso selectivo dun/ha TRABALLADOR/A SOCIAL.

Ler Máis

Bases do proceso selectivo de contratación dun/dunha Traballador/a Social.

 

Publicación das bases para a contratación e formación dunha bolsa de emprego de Traballador/a Social no Concello do Corgo, por acumulación de tarefas ou circunstancias eventuais na prestación de Servicios Sociais, substitución do traballador/a nos supostos de reserva de posto de traballo, vacacións, baixas laborais ou por maternidade da titular.

Proceso selectivo de contratación dun/dunha Traballador/Traballadora Social.

Ler Máis

Quedada running no Corgo.10 de Outubro.

 

 

Convocatoria de quedada running no Corgo para o DOMINGO día 10 de outubro, ás 10:30H. na Praia Fluvial Río Chamoso,  realizándose dous perocorridos, un de 10,5 km e outro de 6 km, para preparatorio da XII Carreira Popular memorial Quique Casanova, que se celebrará o  sábado  día 16 de outrubro.

 

REGULAMENTO DA XII CARREIRA POPULAR DO CORGO MEMORIAL QUIQUE CASANOVA

 

 INSCRICIÓNS

Ler Máis

XII carreria popular do Corgo memorial Quique Casanova.

 

 

O Concello de O Corgo organiza a XII Carreira Popular Concello de O CorgoMemorial Quique Casanova, patrocinada por Grupo Leite Río A proba organizarase o vindeiro Sábado 16 de Outubro, con saída e meta nas instalacións da Praia fluvial do Río  Chamoso do Concello de O Corgo.

Enlace á inscirpción https://www.carreirasgalegas.com/carreira/xii-carreira-popular-concello-de-o-corgo/d0553296-41bc-7c14-fbbb-39f2bc260c56.

REGULAMENTO DA XII CARREIRA POPULAR DO CORGO MEMORIAL QUIQUE CASANOVA

Ler Máis