Mercadillo e rastrillo de cousas usadas.

DOMINGO 12 DE MARZO A PARTIR DAS 10:00 HORAS.

XUNTO A CÁMARA AGRARIA.

CONTINUARASE CELEBRANDO OS SEGUNDOS DOMINGOS DE CADA MES.

Haberá postos de vendedores ambulantes (roupa, calzado, etc.. tipo mercadillo de Frigsa), e ademáis calquera persoa particular que teña algo pola casa que non use e queira vender, da igual que sexa ,(roupa, xoguetes, mobles, maquinaria, prantas, etc) Tamén poderán poñer o seu puesto.

Actuación de ” A LEGUA DEREITA” do Corgo.

As persoas interesadas en levar algo para vender deberán inscribirse no tel. 686625657 (Chousa)

ORGANIZA: ASOCIACIÓN CINCO RIOS.

COLABORA: CONCELLO DO CORGO, VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DE LUGO.

Ler Máis

III CAMPIONATO DE TUTE

DATA: O sábado 11 de marzo de 2023

LOCAL: Centro Sociocultural do Corgo.

HORARIO: A partir das 16:00 h.

Inscricións por parella 50 puntos ( cea incluída).

Os que só participen na cea pagarán 12 puntos.

INSCRICIÓNS ANTES DO 9 DE MARZO.

PREMIOS:

  • 1º PREMIO : 1000 PUNTOS + 2 XAMÓNS.
  • 2º PREMIO: 500 PUNTOS.
  • 3 º PREMIO: 250 PUNTOS.

REPESCA:

PRIMEIRO: 2 XAMONS.

SEGUNDO: 2 PALETILLAS.

TERCEIRO: 2 QUEIXOS.

Máximo 64 parellas.

Os premios poden variar en función do número de parellas inscritas.

Teléfonos de inscrición: 670833939-648063894.

Organiza : Asociación Cinco Ríos

Colabora: Concello do Corgo, Jamones Jacob, Torre de Núñez, Jamones González.

Ler Máis

DESFILE DE DISFRACES DO PAI NA BIBLIOTECA DO PALCO

O Punto de Atención á Infancia (PAI), en colaboración co Proxecto CORGORAL, organiza este xoves 16 de Febreiro na biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO) o desfile de disfraces da rapazada mais cativa do noso concello.

A partir das 11:30 os familiares dos escolares procederán a entrar ordenadamente na biblioteca, onde sentarán correlativamente por orde nos lugares que lles indicará o persoal. Posteriormente, ás 12:00h e unha vez que os adultos estean axeitadamente sentados nos seus lugares, entrarán os escolares disfrazados, dando así comezo oficial ao desfile de Entroido no Punto de Atención á Lectura.

Na biblioteca está a decorrer unha exposición fotográfica temporal titulada A Bretaña que hai en Nós: Castelao e as cruces de pedra, concibida pola Asociación Cultural Vagalumes.A mostra, composta por vinte e seis paneis, estará aberta ao público durante os meses de febreiro e marzo.

Os organizadores rogan aos adultos que sigan en todo momento as instrucións do persoal do PAI-PALCO e que sexan puntuais na asistencia a esta actividade. Moitas grazas.

Ler Máis

TALLER COMUNITARIO: CUIDAR AOS QUE CUIDAN

Martes de 10:00 a 12:00 horas

Inicio o martes 14 de marzo de 2023.

Centro Sociocultural do Corgo.

Taller comunitario dirixido aos/ás cuidadadores/as de persoas enfermas e dependentes.

Para máis información pergunta ao teu profesional do Centro de Saúde ou no código QR do anuncio.

Ler Máis

Festa de Entroido 2023

  • LUNS DÍA 20 de FEBREIRO
  • PAVILLÓN MUNICIPAL DO CORGO.
  • FESTA DE ENTROIDO PARA TÓDALAS IDADES, DE 16:30 A 20:00 H.

XOGOS, COLCHONETAS, MÚSICA E MOITA FESTA!

DESFILE DE DISFRACES

VALES DE PREMIOS POR CATEGORIAS AOS MÁIS ORIXINAIS E CREATIVOS.

INSCRICIÓNS PARA O DESFILE A PARTIR DAS 16:30 H. NO PAVILLÓN.

18:00 H. DESFILE POR CATEGORÍAS:

  • de 3/6 anos,
  • de 7/10 anos
  • de  11/14 anos.

Os disfraces poderán ser individuais ou en grupo. As idades sinaladas son para as categorias dos  premios, pero o desfie está aberto a calquera idade.

PRESENTACIÓN DA RECOPILACIÓN DE “COPLAS DO ENTROIDO” DO PROXECTO CORGORAL.

Haberá  lambetadas e  chocolate con churros de balde para os disfrazados.

         Ven a divertirte!!

Ler Máis

Xornada de portas abertas do CEIP PLURILINGÜE DO CORGO.

Luns, día 13 de Febreiro dende as 11:00 h ata as 19:00 horas.

Ler Máis

CONFERENCIA SOBRE CRUCES E CRUCEIROS

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, organiza na biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO) unha xornada de homenaxe a Daniel Alfonso Castelao (Rianxo, 1886 – Bos Aires 1950), primeiro presidente do Consello de Galiza no exilio.

O programa de actividades previstas para o vindeiro sábado 4 de Febreiro contempla a inauguración oficial ás 19:30 da exposición temporal titulada A Bretaña que hai en Nós, concibida pola Asociación Cultural Vagalumes. A mostra, composta por vinte e seis paneis, un audiovisual e o seu correspondente catálogo, estará aberta ao público durante os meses de febreiro e marzo. A continuación, por volta das 19:45, pequena  mostra bibliográfica sobre Castelao e as cruces de pedra.

O acto principal desta xornada correrá a cargo de Felipe-Senén López Gómez, historiador da cultura, museólogo e secretario da Real Academia Galega de Belas Artes, que disertará sobre As cruces e os cruceiros en Galicia e nos confíns célticos de Europa.

Ler Máis

Publicación do listado provisional de admitidos no proceso selectivo de estabilización dunha praza de Auxiliar adscrita ao posto de traballo de encargado de Contabilidade.

Proceso de estabilización de emprego para acceso, mediante concurso-oposición libre, a unha praza de Auxiliar adscrita ao posto de traballo de encargado de contabilidade, ao abeiro do establecido no art. 2 da lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Ler Máis

EXPOSICIÓN SOBRE CASTELAO

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL e grazas á inestimable colaboración da Asociación Cultural Vagalumes, inaugura na biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO) a exposición temporal titulada A Bretaña que hai en Nós.

Trátase dunha merecida homenaxe póstuma a Daniel Alfonso Castelao (Rianxo, 1886 – Bos Aires 1950) e á súa viaxe de estudo encol das cruces de pedra na Bretaña. A análise dos cruceiros e dos calvarios dese cabo do mundo atlántico permitiríalle anos mais tarde comprender e contextualizar mellor o seu monumental estudo sobre as cruces de pedra na Galiza, publicado en 1950 polo Seminario de Estudos Galegos e a Editorial Nós no exilio bonaerense.

A mostra, composta por vinte e seis paneis, un audiovisual e o seu correspondente catálogo, estará aberta ao público durante os meses de febreiro e marzo. As persoas interesadas en visitala deberán poñerse en contacto co Concello do Corgo no correo proxecto.corgoral@gmail.com ou no teléfono 676-862-924.

Ler Máis

CONVENIO CON ALAR GALICA

O Concello do Corgo asina no 2023 a adhesión ao Programa da Asociación ALAR GALICIA co propósito de facilitar aos veciños este servizo. Para que calquera caso sexa derivado á asociación e poidan intervir, é preciso contactar co departamento de SERVIZOS SOCIAIS do Concello, a través do 982302100 ou no enderezo electrónico sonia.tallon.parga.ocorgo@eidolocal.es

Alguns dos proxetos da Asociación son:

PROXECTO VOITHEIA : https://www.alar-galicia.es/proxecto-voitheia/

A poboación diana deste proxecto, subvencionado pola Consellería de Sanidade, son os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos, residentes na comunidade galega. O foco da intervención establécese nesta franxa de idade debido á realidade estatística á que nos enfrontamos, a idoneidade desta etapa ás liñas de prevención é sensibilización e a susceptibilidade dos máis novos aos factores de risco e desencadeantes das condutas suicidas.

PROXECTO MORPHEO: https://www.alar-galicia.es/proxecto-morpheo/

De xullo do 2022 ata xullo do 2025, estáse a levar a cabo en toda Galicia o Proxecto Morpheo para previr e concienciar acerca das problemáticas asociadas as condutas aditivas, con ou sen substancias, na poboación adolescente e o seu entorno educativo e familiar. 

Ler Máis