Actividades Nenos/as Nadal

 

Día

martes 23, venres 26 e luns 29 de decembro

Actividade

FESTINADAL: obradoiros xogos e moito máis.

Horario

de 16:30 a 19:30

Local

Centro Sociocultural do Corgo

Nota

Actividade para nenos/as de 4 a 12 anos. Gratuita. Recoméndase traer a merenda. Para o día 29 traer pinas para decorar nos talleres.

Día

Martes 30 de decembro

Actividade

Viaxe a XUVELUGO

Prezo 2€

Lugar e Horario

Saída do bus ás 16.00 h. do Colexio do Corgo

Nota

Anotarse antes do 30 de decembro , NO CENTRO SOCIOCULTURAL .
Limite de prazas para o autobus 55.
OS MENORES IRÁN EN COMPAÑÍA DUN ADULTO

Día

Luns 5 de Xaneiro do 2015

Activiade

CABALGATA DE REIS

Horario

As 16.30 horas

Local

Colexio Plurilingue do Corgo.

Nota

É preciso que vos anoten vosos pais no
CENTRO SOCIOCULTURAL ,
antes do día 3 de xaneiro.
Trala visita dos Reis haberá roscón e chocolate.

{xtypo_info}Para máis información 982 30 23 77 (16:00-20:00h.).{/xtypo_info}

Ler Máis

Supervisión e Control S.A. itv 2014

Asignaranse día e hora de atención ó público directamente na unidade móbil desde o primeiro día de chegada o lugar ou pode solicitar cita previa no teléfono 902.30.90.00 ou na páxina web: www.sycitv.com

 

 

Ler Máis

Liga de Fútbol-Sala O Corgo 2014-15

As presentes bases rexerán o campionato de liga que se disputará no Pavillón Municipal do Corgo, en horario nocturno, de 21:30 a 22:30 horas, os días luns e xoves. Engadiránse máis días se o número de equipos fose superior a dez.

O motivo deste campionato é o de organizar o horario do Pavillón municipal, para favorecer un reparto xusto de tempo entre os equipos que soliciten participar na “liga”. Non ten carácter de federada nin se esixe un seguro obrigatorio para xogar. Eso sí, dado o carácter voluntario de participación calquera lesión que xurda no xogo correrá por conta do xogador.

Cada xogador asinará un documento que recolle a voluntade de xogar de xeito libre e voluntario, e entregará unha fotografía visible para a ficha.

Cada equipo nomeará un delegado e facilitará o seu número de teléfono para calquera notificación.

Os equipos deixarán en depósito 50 €, co que farán frente a impagos de arbitraxe ou desperfectos intencionados no mobiliario ou instalacións

A organización non se responsabiliza dos danos materiais ou físicos que os xogadores poidan ocasionar

A comisión de cinco tarxetas amarelas sanciónase con 5 € , e as vermellas directas con 5 €.

O Número de xogadores por equipo poderá ser de 15 , e engadirse fichas ata cinco xornadas antes de que finalice o torneo.

Cada equipo pode solicitar aprazamento de un partido por motivo xustificado. O número de aprazados non pode ser maior de dous.

As fichas entregaránse ao principio do partido. O xogador que entre ao campo na segunda metade do tempo ten que estar no pavillón durante a primeira parte.

Cada parte de xogo dura 25 minutos. Só se interrumpirá por motivo xustificado e o tempo preciso.

A non comparecencia dun equipo da lugar á victoria do equipo rival por 3-0.

O custe da arbitraxe é de 24 euros.

Ler Máis

VI Carreira Popular Arumes do Corgo

 

A Asociación Cultural Arumes do Corgo organizou a VI Carreira Popular “Arumes do Corgo” para o día 25 de outubro de 2014 (sábado pola tarde), en colaboración co Concello do Corgo..

 

Ler Máis

Actividades de Aventura, Obradoiros, Xogos…

ACTIVIDADE

ACTIVIDADES DE AVENTURA, OBRADOIROS, XOGOS…”

Horario

De luns a venres de 9 a 13 h

Duración

Do 4 ao 29 de agosto 2014

Prezo

5€/semana /(empadroados) | 7€/semana (non empadroados)

Idades

De 4 a 12 anos

Local No Centro Sociocultural do Corgo
Prazas 20 Prazas
Observacións Información e inscricións na OMIX do Corgo en horario de 16 a 20h., ou no teléfono 982 302 377. Os rapaces deben traer un tentenpé. Continuaranse en agosto sempre e cando haxa demanda.

 

{xtypo_download}Cartel “Actividades de aventura, obradoiros, xogos..”{/xtypo_download}

 

{xtypo_info} Ainda quedan prazas para o campamento “Á auga patos” na praia fluvial do río Chamoso{/xtypo_info}

 

 

Ler Máis

XI Romaría no Chamoso e VII Feira de Artesanía

 

Sábado 2 de agosto Festa Popular

  • 18:00h. VII BATUXADA no Chamoso. Inscricións categorías adultos e infantil na OMIX do Concello en horario de 16:00 a 20:00h.
  • 21:00h. Festa e Verbena a cargo da Orquestra COMPOSTELA

{xtypo_sticky}Servizo de restaurante e pulpería{/xtypo_sticky}

{xtypo_sticky}Zona de Acampada Gratuita{/xtypo_sticky}

Domingo 3 de agosto Romaría Folk

  • 12:00h.Apertura da VII FEIRA DE ARTESANÍA.

VI MALLA POPULAR DO CORGO. Amenizada con música tradicional galega.

Xantar campestre.

  • 16:00h. Xogos Populares.
  • 18:00h. Romaría Folk, cos grupos:
    • Legua Dereita do Corgo.
    • Os Xardois de Cervantes.
    • Amado Lar do Valadouro.
    • La Barbacana de la Ribera del Órdigo, León.
    • Troula de Ortegal.

Ler Máis

XIX Feira do Cabalo de Adai

 

Programa de actividades:

09:30 h. Apertura do recinto feiral.

10:00 h. – Inscrición dos cabaleiros no sorteo e entrega dun agasallo de benvida.

– Inscrición dos participantes no rodeo ou xincana.

10:30 h. Exhibición de cabalos para a venda.

11:00 h. Actuación da charanga “Os Charangos de Neda” que amenizarán toda a xornada.

12:30 h. Xincana a cabalo.

14:00 h. Xantar.

16:00 h. Espectáculo ecuestre “Soñando a cabalo” da compañía de Tomás Besada.

17:15 h. VII Rodeo de Adai.

18:15 h. Entrega de premios os gañadores do rodeo.

18:30 h. Sorteo de agasallos.

 

Organiza: Concello do Corgo

Colabora: Asociación de Cabaleiros da Feira de Adai

Ler Máis

Festa do Entroido 2015

  • Día: Luns 16 de febreiro 2015
  • Hora: de 16.30 até 19.30 horas
  • Lugar: Centro Sociocultural do Corgo

Festa do Entroido para os rapaces e rapazas de 4 a 12 anos do Concello do Corgo. Haberá  concurso de disfraces, xincana de xogos, piñata, premios e agasallos para os mellores disfraces.

Os rapaces máis pequenos deberán asistir acompañados en todo momento dun responsable.
Recoméndase traer a merenda. Actividade Gratuita.
Para que contemos con vós será necesario que vos anotedes no centro Sociocultural polas tardes ou a través do teléfono 982 30 23 77

Ler Máis

Período medio de pago (PMP) 3º e 4º trimestre 2014

En aplicación da Disposición Adicional 1ª da Lei Orgánica 9/2013, de control da débeda comercial no sector público, publícase o período medio de pagamento (PMP) correspondente ao 3º e 4º trimestre de 2014, coa seguinte desagregación:

Ler Máis

Orde do 18 de febreiro de 2014 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2014(DOG nº 37 do 24 de febreiro 2014)

Terán dereito a percibir o pagamento único os/as agricultores/as que posúan, en propiedade ou en réxime de arrendamento, dereitos de pagamento único conforme o establecido no artigo 3 do Real decreto 1680/2009, do 13 de novembro.
Poderase conceder a axuda derivada do réxime do pagamento único prevista no capítulo I do título III do Regulamento (CE) nº 73/2009, do Consello, do 19 de xaneiro, aos/ás agricultores/as que o soliciten de acordo cos modelos DP1, DA, PU, DPU, RS, PA, PAF, de ser o caso, e RG do anexo 1, dispoñan dos correspondentes dereitos do réxime de pagamento único e xustifiquen a súa utilización.
Os dereitos de axuda do pagamento único xustificaranse de acordo co establecido na sección 3ª capítulo II da Orde
O prazo de solicitude iníciase o 17 de febrero de 2014 e remata o 15 de maio de 2014

Orde completa

Ler Máis