Novo bando do Coronavirus. Comisión de seguemento.

 

BANDO

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión extraordinaria do 17 de marzo, acordou a creación da Comisión de Seguemento da situación de emerxencia xerada pola evolución do Coronavirus COVID-19, que está formada polos membros da Xunta de Goberno Local:

-Alcalde: Felipe Labrada Reija
-Tenientes de Alcalde: Marcos Trashorras Reija, Mª Del Mar Gómez Gómez e José Luis Fernández López

Esta Comisión funcionará co obxecto de dar unha pronta solución aos diferentes problemas que poidan xurdir aos veciños.
Así mesmo, e á vista das recomendacións emitidas pola Secretaría de Estado de Dereitos Sociais, e do bando desta Alcaldía de 16 de marzo, decídese:

-A continuidade da atención de axuda a domicilio: aseo, hixiene perosal e do entorno máis próximo, vestido, tratamentos e prestacións farmacéuticas, alimentación e sono.

-Instar aos veciños para que alerten aos servizos sociais sobre os casos que requiran antención, sinalando como teléfonos de contacto a estes efectos o 982302100 de 9 a 14 horas e o 699680132 a calquera hora.

-No suposto de que algún usuario non desexe a prestación da axuda a domicilio durante o estado de alarma, suspenderase a emisión dos recibos e readaptaranse as horas que queden libres para atender a outros usuarios.

-O concello porá os seus medios para a adquisición de medicamentos e alimentos a aquelas persoas que non poidan facelo por si mesmos. Tamén se levará comida preparada que estas persoas teñan adquirido en establecementos que se adiquen a estes servizos. Este servizos deben solicitarse de 9 a 14 no teléfono 982302100 ou no 620731543.

-As oficinas municipais permanecerán pechadas ao público, se ben permanecerá unha soa persoa no seu interior para atención telefónica e trámites urxentes e inaprazables. Prégase non acudir ás oficinas agás en caso de extrema urxencia e sempre contactando previamente por teléfono. Utilicen a sede electrónica para os seus trámites sempre que sexa posible: http://concellodocorgo.sedelectronica.gal

-O alcalde ponse a disposición de todos os veciños para calquera dúbida ou necesidade no seu teléfono 699680132

 

NOVO BANDO DO CORONAVIRUS . Comisión de seguemento e outras novas de interese.

Ler Máis

Bando derivado da crise do coronavirus.

 

Díctase o seguinte bando do alcalde para o Concello do Corgo con motivo da crise do coronavirus  e as medidas adoptadas:

BANDO

Felipe Labrada Reija, Alcalde-Presidente do Concello do Corgo

FAGO SABER

Á vista da situación sanitaria actual e en consoancia coas medias acordadas polo Goberno Central e pola Xunta de Galicia, O Concello do Corgo amplía nas seguintes as medidas adoptadas, e que se manterán ata novo aviso:

1º. Peche de todas as áreas recreativas e espazos públicos municipais.

2º. Servizo de Axuda a Domicilio: suspéndese o SAF na modadalidade de prestación básica. En canto á modalidade de Dependencia, mantense o servizo agás se o usuario manifesta o seu desexo de interrompelo durante o estado de alarma. Descontaranse nos recibos as horas non prestadas.

3º. O concello ponse a disposición daquelas persoas que teñan necesidade de adquisición de medicamentos ou de alimentos e non poidan facelo por si mesmos, así como para o traslado de comida preparada que poidan adquirir en establecementos que presten este servizo. Para solicitar estes servizos deben chamar en horario de 9 a 14 horas á Casa do Concello, 982302100 ou ao teléfono móvil 620731543.

PRÉGASE ENCARECIDAMENTE A COLABORACIÓN DE TODOS OS VECIÑOS PARA EVITAR A PROPAGACIÓN DO VIRUS, EVITANDO TODA SITUACIÓN DE RISCO E CUMPRINDO COAS MEDIDAS IMPOSTAS PARA ESTE PERIODO EN TÓDOLOS ÁMBITOS.

  Bando Coronavirus

Ler Máis

Aviso urxente: Medidas municipais derivadas da crise do coranovirus

Díctase o seguinte bando municpal  coas medidas urxentes derivadas da crise do coronavirus.

Aviso urxente: Medidas municpais derivadas da crise do coranovirus.

Ler Máis

Qué debo de saber do coronavirus?

 

 

Campaña informativa   recollida na páxina do Segas:  Ver tríptico

Os coronavirus son virus que circulan entre os animais. Porén, estes virus tamén poden afectar os humanos. O novo coronavirus identificouse na China a finais de 2019 e é unha nova cepa que non se vira antes nos seres humano.

Os síntomas máis comúns da enfermidade provocada polo coronavirus (COVID-19) son:

-FEBRE

-TOS.

-SENSACIÓN DE FATA DE AIRE.

TELÉFONO DE INFORMACIÓN PARA A CIDADANÍA 900 400 116

Medidas para protexernos do coronavirus:

– Lavar as mans frecuentemente.

-Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca.

-Ao tusir, cubrir a boca cun pano desbotable ou contra o brazo co cóbado flexionado.

-En caso de ter síntomas respiratorios, evitar o contacto próximo con outras persoas.

 

AO CHEGAR DUNHA ÁREA DE RISCO OU ENTRAR EN CONTACTO CUNHA PERSOA QUE VEÑA DESTA  + SINTOMAS 

 NON ACUDIR directamente ao Hospital nin ao C. de Saúde CONTACTAR TELEFONICAMENTE CO 061

Ler Máis

Campaña contra a vespa velutina. Asociación de veciños de Pedrafita.

 A asociación veciñal de San Miguel de Pedrafita organiza coa colaboración do Concello do Corgo e a Asociación Galega de Apicultura  (AGA) unha charla informativa aberta a todos os que queiran asistir   para coñecer mellor á vespa velutina. Ti elixes, convives ou combates.

Será o   21 de Marzo,  ás 17:30,  no local  da Asociación de veciños  de Pedrafita.  

 

Ler Máis

Documental Vía Künig: 500 Anos de Peregrinaxe

 

Convídase a tódolos veciños e interesados a asistir para coñecer e apreciar un pouco mellor esta via de peregrinaxe.

Ler Máis

Etapas da VIA KÜNIG polo concello do Corgo

3ªETAPA: 16 DE FEBREIRO

  • ETAPA BARALLA- O CORGO (20KM)
  •  9:00 SAIDA DENDE O CORGO. (CENTRO SOCIOCULTURAL) SERVIZO DE TRANSPORTE
  • INICIO DE PEREGRINACIÓN DENDE CONCELLO DE BARALLA
  • FIN DA PEREGRINACIÓN NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE O CORGO
  • TRANSPORTE ATA O PABELLÓN MUNICIPAL DE O CORGO (COLEXIO)
  • 15:00 XANTAR
  • 17:00 REGRESO EN TRANSPORTE AOS PUNTOS DE RECOLLIDA

 

4ª ETAPA: 1 DE MARZO

  • ETAPA : O CORGO– LUGO ( 18KM)
  • INICIO DE PERGRINACIÓN DENDE O CENTRO SOCIOCULTURAL
  • 15:00 XANTAR EN LUGO
  • 17:00 REGRESO EN TRANSPORTE AO CORGO.

 

INSCRÍBETE ANTES DO 13 E 27 DE FEBREIRO  RESPECTIVAMENTE MEDIANTE INGRESO NA  CONTA BANCARIA ABAIXO INDICADA FACENDO CONSTAR O TEU NOME E APELIDOS, TELEFONO E  LUGAR DE ONDE SAES.  

                                                                   ES7020800163893040065919

 

PREZO 20 € POR ETAPA. INCLÚE TRANSPORTE E COMIDA.

ORGANIZA A  ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO CAMIÑO DO CAMIÑO DE SANTIAGO DO CONCELLO DE LUGO COA COLABORACIÓN NESTAS ETAPAS DO CONCELLO DO CORGO.

 

VER CARTAZ DAS ETAPAS:  CONCELLO O CORGO- VIA KÜNING.pdf.

Ler Máis

DOCUMENTAL VIA KÜNIG: 500 ANOS DE PEREGRINAXE.

 

Convídase a tódolos veciños e interesados a asistir para coñecer e apreciar un pouco mellor esta via de peregrinaxe.

Ler Máis

Festa do Entroido 2020.

FESTA DO ENTROIDO 2020.

LUNS, 24 DE FEBREIRO, ÁS 16:30 DA TARDE E ATA AS 20:00 H.

LOCAL: PAVILLÓN MUNICIPAL DO CORGO.

 

FESTA PARA NENOS E NENAS DE TÓDALAS IDADES. OS MENORES DE CATRO ANOS DEBERÁN DE ESTAR EN TODO MOMENTO ACOMPAÑADOS DUN ADULTO.

DESFILE DE DISFRACES, ANIMACIÓN, XOGOS, COLCHONETAS INCHABLES, DISCOTECA MÓVIL, PINTACARAS, … E CHOCOLATE CON CHURROS PARA OS PARTICIPANTES.

VEN A DIVERTIRTE NO CONCELLO DO CORGO !

ORGANIZA CONCELLO DO CORGO.

ENTRADA LIBRE.

Ler Máis

Etapas da VIA KÜNIG polo concello do Corgo

3ªETAPA: 16 DE FEBREIRO

  • ETAPA BARALLA- O CORGO (20KM)
  •  9:00 SAIDA DENDE O CORGO. (CENTRO SOCIOCULTURAL) SERVIZO DE TRANSPORTE
  • INICIO DE PEREGRINACIÓN DENDE CONCELLO DE BARALLA
  • FIN DA PEREGRINACIÓN NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE O CORGO
  • TRANSPORTE ATA O PABELLÓN MUNICIPAL DE O CORGO (COLEXIO)
  • 15:00 XANTAR
  • 17:00 REGRESO EN TRANSPORTE AOS PUNTOS DE RECOLLIDA

 

4ª ETAPA: 1 DE MARZO

  • ETAPA : O CORGO– LUGO ( 18KM)
  • INICIO DE PERGRINACIÓN DENDE O CENTRO SOCIOCULTURAL
  • 15:00 XANTAR EN LUGO
  • 17:00 REGRESO EN TRANSPORTE AO CORGO.

 

INSCRÍBETE ANTES DO 13 E 27 DE FEBREIRO  RESPECTIVAMENTE MEDIANTE INGRESO NA  CONTA BANCARIA ABAIXO INDICADA FACENDO CONSTAR O TEU NOME E APELIDOS, TELEFONO E  LUGAR DE ONDE SAES.  

                                                                   ES7020800163893040065919

 

PREZO 20 € POR ETAPA. INCLÚE TRANSPORTE E COMIDA.

ORGANIZA A  ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO CAMIÑO DO CAMIÑO DE SANTIAGO DO CONCELLO DE LUGO COA COLABORACIÓN NESTAS ETAPAS DO CONCELLO DO CORGO.

 

VER CARTAZ DAS ETAPAS:  CONCELLO O CORGO- VIA KÜNING.pdf.

Ler Máis