
Campamentos de verán 2026
O Campamento de Verán para nenos e nenas do Corgo, de entre 3 (sempre que amosen autonomía para as actividades básicas) e 16 anos.
O PAVILLÓN abrirá ás 8:40 da mañá se as familias solicitan na inscrición a recollida a esa hora.
As actividades comenzan ás 9:00 h da mañá e rematan as 15:00 h, dende o 29 de xuño ata o día 4 de setembro. A hora de entrada e saída é orientativa, poden sair antes ou entrar máis tarde, avisando sempre para favorecer a coordinación dos monitores. Haberá sempre un mínimo de dous monitores por semana.
Os usuari@s traerán bocadillo e auga para mediamañá, así como visoiras, roupa e calzado cómodo. O equipo de monitores informarán diariamente de calquera outra necesidade. A roupa debe de vir marcada para evitar extravios.
O custe do campamento desglósase semanalmente, pero para facilitar a programación, e preciso que haxa unha previsión anticipada de cada semana quincena ou mes, amosando xa na inscricion cantas e cales son as semanas para as que se precisa o campamento.
O custe da semana é de 10 euros para os nenos/as do Corgo e 20 para os que non estén empadronados. (Terán preferencia os nenos/as do Corgo, así como de país/nais traballadores no municipio. De quedar vacantes poderán optar calquera outro neno, atendendo en primeiro lugar a fillos/as descendentes de xente vinculada a este concello)
Trátase de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral no periodo de vacacións de verán, e ao mesmo tempo darlle aos nenos/as a opción de disfrutar dun tempo de ocio san e divertido, facilitando a convivencia e as relacións sociais entre eles.
As actividades desenvólvense no Polideportivo do Corgo e inmediacións do Colexio, e estarán a cargo dunha empresa de Tempo libre con experiencia neste tipo de actividades.Cando as condición metereolóxicas sexan favorables o campamento trasladarase á praia fluvial río Chamoso e piscina municipal, sempre con prévio aviso e asinando autorización ou permiso para actividades acuáticas.
Inscricións ata o 12 de xuño, no Centro Sociocultural do Corgo.
Número máximo de participantes será de 50. Respetarase sempre a orde de criterios de selección (padrón, etc..) e a orde de entrada da inscrición.
A inscrición pode efectuarse por rexistro no Centro Sociocultural do Corgo ou nas oficians municipais.
DATOS DE INTERESE:
| – Unha vez que a praza reservada coa inscrición, esté aceptado/a, deberase cubrir a solicitude/autorización e aboar a taxa na conta que se indica. – Achegar o DNI da persoa que autoriza oa menor a participar nas actividades. – Libro de familia onde figure o menor e os datos da persoa que autoriza. Se fose família numerosa tamén se achegará copia do titulo. – Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a perfectamente lexible. – A documentación complementaria non fará falta achegala si xa se aportou noutros procedementos desta Administración e non se produciron cambios. |
Os menores con necesidades especiais sinalarán na inscrición as súas dificultades e grado de autonomia para o desenvolvemento do
