dnrocio@gmail.com 14 de Xaneiro de 2026 0

COLOCACIÓN DO STOLPERSTEIN NA HONRA DE RAFAEL PARDO VALES-VENRES 29 DE XANEIRO NO CORGO

O xoves día 29 de Xaneiro terá lugar o acto de colocación do stolperstein en homenaxe a Rafael Pardo Vales vítima do campo nazi de Mauthusen e nacido en O Corgo.
O acto iniciarase ás 12:00 h. na Estación de Ferrocarril de Laxosa, dende onde partirá o cortexo cívico ata o lugar de colocación da placa.

Marcha ata o lugar de colocacion da placa xunto co grupo A Legua Dereita interpretando unha alborada.

Chegada ao lugar de colocación do stolpesteine .

Contará coa participación do alcalde Felipe Labrada, a concelleira Pilar Bellón a intervención musical de Carolina Barbeito de la Cruz, as palabras de Miguel Freire, voceiro da ARMH, da sobriña de Rafael Pardo Vales Isabel de la Cruz, da música do grupo Legua Dereita e a lectura poética da escritora Mónica Caldeiro.

O concello do Corgo e a Asociación Para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) convocan á homenaxe a Rafael Pardo Vales . Vítima dos campos nazis.
Co gallo do 27 de xaneiro “Día en Memoria das Vítimas do Holocausto” vaise realizar unha homenaxe aos deportados lucenses , vítimas en campos nazis. Esta homenxe consistirá na colocación de placas de memoria “stolpersteine” nos lugares onde naceron ou viviron os deportados.

Rafael Pardo Vales naceu o 18 de xullo de 1912 na poboación de Laxosa no Concello de O Corgo (Lugo) fillo de José (ferroviario) e Manuela, sendo o máis novo e único varón con cinco irmás. Estando moi vinculado a súa irmá Rogelia que o foi a despedir da estación con moita pena cando foi destinado como garda de asalto en Barcelona. Alí coincidíu co seu sobriño José Sánchez Pardo fillo da súa irma Herminia,
cinco anos mais novo ca él, e que tamén era garda de asalto. Durante a guerra Rafael foi nomeado cabo e despois sarxento. Ao final da contenda española exíliase en Francia co seu sobriño José.
Posiblemente foron a parar ao campo francés de Argelés, e despois a 34º Compañía de Traballadores Extranxeiros para fortificar as defensas militares francesas ante o estoulido da II Guerra mundial. Foron feitos prisioneiros na ofensiva alemá e levados ao Stalag X-B en Sandbostel no land da Baixa Sajonia entre Bremen e Hamburgo. Foi deportado o 3 de marzo de 1941 ao KZ de Mauthausen. Foi asesinado
no subcampo de Gusen o 7 de xaneiro de 1942.

O seu sobriño José nacido en Valladolid o 18 de marzo de 1917morreu tamén no campo de concentración de Mauthausen, uns meses despois, o 11 de xulio de 1942.
O equipo de investigación da ARMH de Lugo, formado por Paulo Grandío, Roberto Mouriz e Miguel Freire, despois dun intenso traballo de anos de investigación, logrou identificar a 39 lucenses que foron vítimas dos campos nazis. Despois do seu exilio en Francia coa caída da República, incorporáronse ó exercito aliado. Foron feitos prisioneiros durante a ofensiva alemana e levados aos campos de concentración nazis dos cales só sobrevivirían dazaseis . Todos eles eran naturais de 20 concellos da
provincia de Lugo: Ribas de Sil, Cervantes, Sarria, Lugo, Outeiro de Rei, Pol, Becerreá, Trabada, Viveiro, Monforte, Ourol, Carballedo, Samos, O Páramo, O Incio, O Corgo, Castroverde, Cospeito, As Nogais e Pantón.
Cada adoquín representa a unha vítima, e o 26 de maio de 2023, poucas semanas antes da súa instalación na Coruña , instalouse en Nuremberg o stolperstein número 100.000, sendo considerado o monumento descentralizado máis grande do mundo.
Están presentes en máis de 1.200 vilas de Alemaña, así coma en Austria, Bélxica, Croacia, República Checa, Finlandia, Francia, Grecia, Italia, Reino Unido, Irlanda, Hungría, Lituania, Letonia, Serbia, Moldavia, Luxemburgo, Países Baixos, Noruega, Suecia Polonia, Rumanía, Rusia, Eslovaquia, Eslovenia, Suiza, Ucraína e tamén en España.