dnrocio@gmail.com 9 de Maio de 2025 0

COMUNICADO DE MODIFICACIÓN DE PRAZOS DAS LISTAXE PROVISIONAL E DEFINITIVA DO PAI DO CORGO.

O Punto de Ateción á Infancia (PAI) do Concello do Corgo modifica os prazos da listaxe provisional de admitidos e a listaxe definitiva de admitidos do curso 2025/2026, á vista de que o prazo para facer as declaracións da renda (exercicio 2024) abrangue ata o día 30 de xuño de 2025, e son precisas para formalizar tanto as reservas de praza como as novas solicitudes de admisión (inscrición e matrícula).

Asemade, a listaxe provisional de admitidos será publicada o 4 de xullo na páxina web do concello do Corgo https://www.concellodocorgo.com

Posteriormente, a listaxe definitiva de admitidos publicarase o 18 de xullo na páxina web do concello do Corgo.