admin 3 de Marzo de 2022 0

BANDO SOLIDARIO. CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SUBMINISTROS BÁSICOS PARA UCRAÍNA.

BANDO SOLIDARIO: AXUDA PARA UCRAÍNA.

De todos é coñecida a actual crise humanitaria provocada pola invasión rusa no territorio de Ucraína, que está provocando miles de mortos, feridos, éxodos masivos a paises limítirofes, ademais de incontables danos materiais en vivendas, infraestructuras, servizos básicos, etc. , o que está deixando unha fonda impronta na población civil, especialmente  nen@s, anciáns, e persoas desfavorecidas.

No Concello do Corgo non somos alleos a esta grave problemática e tampouco queremos permanecer impasibles ante a situación actual e vindeira, polo que, adoitamos unha iniciativa de colaboración co pobo ucraíno mediante a:

“CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SUBMINISTROS BÁSICOS”

que comprenderá, fundamentalmente, e segundo se desprende da información que nos facilitaron diversas fontes:

  • Alimentos non perecedeiros ou de longa duración que non precisen de elaboración, en envases irrompibles, do tipo: conservas diversas, embutidos, marmeladas, aceites, leite, auga, zumes, etc.
  • Productos hixiénico-sanitarios e alimentos destinados especialmente á poboación infantil: cueiros, toalliñas húmidas,  roupa infantil de abrigo (debidamente empaquetada), calzado , biberóns  e papillas (só en envases de plástico), etc.
  • Medicamentos e produtos farmacéuticos de uso xeral: paracetamol, ibuprofeno, vendaxes, antisépticos, etc.

Animámosvos dende o Concello do Corgo a participar tod@s de maneira activa na presente campaña mediante as vosas contribucións persoais, que nos podedes facer chegar ao Centro  Sociocultural do Concello do Corgo sito a carón do Centro de Día,nos horarios:

– de luns a venres, de 10:00 a 13:30.

– martes e xoves, de 16:30 a 19:30 .

Tentaremos  mantervos informados periódicamente da evolución desta iniciativa solidaria da cal seremos tod@s partícipes.