admin 22 de Marzo de 2018 0

Consulta pública: prezos da piscina municipal .

Próxima a apertura da piscina municipal, e de conformidade co establecido no Art. 41 do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Facendas Locais, (en adiante TRLFL), o concello está a estudiar o establecemento dun prezo público pola prestación do servizo de piscina municipal, socorristas e uso de vestiarios.

A prestación patrimonial que se pretende establecer, non se comprende dentro do concepto de taxa, tributo regulado no Art. 20.1 do TRLFL.

Con esta posible medida preténdese, a lo menos, cubrir en parte os custos do funcionamento da piscina municipal (16 de xuño a 16 de setembro), cuxo custe ronda os trinta mil euros.

O concello pretende establecer un prezo mínimo de 1 euro por día de utilización, establecendo bonos de 7 euros e 12 euros, para 15 e 30 días de baños, respectivamente.

Aínda que o establecemento de prezos públicos non segue o procedemento de elaboración das ordenanzas fiscais (Art. 15 a 19), nin dos regulamentos xerais, senón que abondará cun acordo do órgano competente, previa instrucción do corrrespondente procedemento, sométese a consulta pública, a través do portal web deste concello, para recabar a opinión pública.

O prazo para emitir a opinión remata o día 6 de abril deste ano.

As opinión deberán presentarse no Rexistro de entrada municipal de 9:00 a 14:00 horas.