O Viveiro de Empresas do Corgo é un edificio de titularidade municipal, construído polo Concello do Corgo coa cofinanciación da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación ao abeiro da Orde de 18 de decembro de 2021.
O viveiro de empresas está situado na nave de usos múltiples, do Parque Empresarial do Corgo, o cal goza dunha excelente comunicación con Lugo, Castroverde, Sarria, Monforte… a través de difentes vías, xa que está ubicado a carón da saída da A-6, próximo á N.VI.
O edificio distribúese en planta baixa e entresolo –no que se ubican as oficinas e salas de reunión- que ten por finalidade fomentar a creación de novas empresas de carácter industrial, mediante o ofrecemento temporal de espazos físicos onde se atoparán as condicións e servizos precisos para a súa implantación inicial e consolidación.
Dada a súa natureza, o edificio é un ben de dominio público afecto a un servizo público, xa que o seu obxectivo é facilitar a creación de empresas ou iniciativas empresariais de autónomos co fin último de crear emprego.
Preténdese acoller empresas de nova creación ou cunha antigüidade inferior a seis meses anteriores á solicitude de acollemento e dar asesoramento a través dos servizos de emprego e orientación laboral do concello.
O Concello do Corgo destina para o acollemento de novas empresas de carácter industrial seis locais individuais sitos na planta baixa, coas seguintes superficies:
-
Local 11: cunha superficie útil de 55.13 m2.
-
Local 12: cunha superficie útil de 55.19 m2.
-
Local 13: cunha superficie útil de 55.19 m2.
-
Local 15: cunha superficie útil de 55.19 m2.
-
Local 16: cunha superficie útil de 55.19 m2.
-
Local 17: cunha superficie útil de 55.19 m2.
-
Nave 4: 481.95 m² construídos, superficie útil de 447,85 m², distribuídos en 389,35 de planta baixa e 58,50de planta alta.
-
As superficies comúns son as correspondentes á parte da parcela non edificada, ou sexa 591 m².
Ademáis, as empresas teran acceso e poderán utilizar para a súa actividade empresarial as seguintes dependencias:
Planta baixa:
-
Recepción: cunha superficie útil de 11.19 m2
-
Despacho: cunha superficie útil de 14.25 m2
-
Vestíbulo: cunha superficie útil de 46.71 m2
-
Aseo minusválidos: cunha superficie útil de 4.29 m2
-
Vestiario: cunha superficie útil de 16.83 m2
-
Vestiario: cunha superficie útil de 16.95 m2
-
Sala máquina ascensor: cunha superficie útil de 5.23 m2
-
Aseo: cunha superficie útil de 3.85 m2
-
Pasillo: cunha superficie útil de 27.00 m2
Planta alta:
-
Sala de reunións I: cunha superficie útil de 19.45 m2
-
Despacho 1: cunha superficie útil de 12.03 m2
-
Sala de reunións II: cunha superficie útil de 48.11 m2
-
Pasillo: cunha superficie útil de 25.41 m2
-
Aseo: cunha superficie útil de 2.97 m2
Poderán acollerse no viveiro de empresas:
– Empresas que aínda non se constituíran, pero que prevean facelo no prazo máximo de 3 meses desde a resolución de acollemento no viveiro.
– Empresas constituídas hai menos de 6 meses desde a data de solicitude de acollemento. Considerarase como data de constitución da empresa ou alta de autónomo a data de alta que conste nos seus estatutos ou no certificado de inscripción no Censo de Empresarios, Profesionais e Retenedores ou no certificado de inscripción no censo Actividades Económicas ambos da Axencia Tributaria.
Deberán ter o enderezo social e fiscal no Concello de O Corgo.
– As empresas deberán desenvolver unha actividade empresarial de carácter industrial.
Entenderase por actividade empresarial de carácter industrial a totalidade do ámbito de aplicación do Decreto 37/2015, de 12 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Industrial de Galicia (Art.3).
– As empresas deberán presentar ineludiblemente o seu proxecto empresarial e a súa viabilidade económica e técnica.
Ademáis, os solicitantes deberán ter en conta as características dos locais que se ofertan para desenvolver a actividade empresarial, polo que o concello non asumirá ninguha responsabilidade no suposto de que sendo seleccionada non puidese realizar o obxecto da actividade da empresa.