A oficina municipal de información xuvenil é un servicio público e gratuito que o concello do Corgo pon á disposición da mocidade. Trata de informar , asesorar e dar resposta a todas aquelas cuestións que poidan resultar do interese dos xoves así como de outros sectores directamente relaccionados con estes (pais..)
Está integrada dentro da rede galega de información xuvenil e depende da Consellería de Traballo e benestar.
Servizos:
Pretende cumplir o seu cometido baseándose en respostas individualizadas e confidenciais e no estudio da poboación xuvenil desde diversas áreas:
- No eido educativo( bolsas de estudo, matrículas, centros, residencias universitarias, carreiras, formación profesional..)
- Traballo (emprego público, privado..)
- Axudas e subvencións.
- Tempo libre e ocio ( programas da dirección xeral da xuventude, viaxes, exposicións…)
- Cultura ( certamen, premios, concertos, concursos, charlas, intercambios culturais..)
- Temas sociais e saúde ( sexualidade, drogas, racismo, trastornos alimentarios..)
- Voluntariado e asociacionismo.
Na Omix dase información e tramítase o carné xove .Dirixido ós mozos/as de 12 a 30 anos inclusives. Os interesados terán que cubrir a solicitude, engadindo unha copia do D.N.I., e facer o ingreso bancario de 6 euros. Co carné entrégaselles unha guía para facer un correcto uso do mesmo. A súa vixencia é de 2 anos desde a expedición.
Ofrécese información sobre:
- Outros carnés como o máis, o de estudiante, o teacher, ou o de alberguista da Reaj..
- Distintos programas elaborados desde a Dirección Xeral de Xuventude, como o de 07´ski intro, xuventude Galicia net, xornadas..
- Campamentos de verán e campos de traballo.
Desde a Omix organízanse diversas actividades onde os xoves son os protagonistas.(Cursos de informática, talleres de Nadal, excursións..) As datas tratan de adaptarse ó calendario escolar para facilitar unha maior participación.
Ubicacion | Centro sociocultural do Corgo. |
Horario * | 16: 00 h a 20:00 h. ao publico |
Teléfono | 982302377 |
omix.ocorgo@gmail.com |
* O horario nos meses de verán pasa a ser matinal, de 9:00 a 14:00 h