Vostede está aquí: Inicio Servizos Municipáis Conciliación de Vida Familiar
×

Aviso

JFolder: :files: a ruta non é un cartafol. Ruta: /home/espeorg/concellodocorgo.com/images/conciliacion
×

Noticia

There was a problem rendering your image gallery. Please make sure that the folder you are using in the Simple Image Gallery Pro plugin tags exists and contains valid image files. The plugin could not locate the folder: images/conciliacion

Programa de conciliación da vida familiar e laboral

 

Dende o 2014 o Concello do Corgo está a  empregar unha  unha ferramenta  para facilitar os momentos de conciliación da vida laboral dos veciños e traballadores do Corgo, cos periodos de vacacions e descanso escolar.


Estos programas desenvólvense fundamentalmente nos meses de  xullo- agosto e primeiros de setembro, nun horario de nove da mañá ata as tres da tarde, para  tratar de  cubrir  as máximas horas das xornadas laboráis.  Os participantes son nenos e nenas do concello  de entre catro e doce anos, ainda que en función da demanda poderán participar menores de catro sempre e cando xa fosen escolarizados no curso  que rematou e teñan autonomía  nas funcions básicas  diarias.


As actividades  que se levan a cabo son deportivas,  formativas,  culturais   de ocio e entretenemento.  No periodo estival  preténdese  sacar o maior proveito  dos espacios exteriores, combinando  cos interiores por si a climatoloxía non  acompaña, ou para as primeiras horas da maña, por iso, dado o incremento de  participantes e as características da instalación, o pavillón municipal e entorno do colexio e campo de fútbol   é o local  máis axeitado.

   

  As inscricións e coordinación das actividades lévase na OMIX no Centro Sociocultural.


A campaña de Nadal  e outro obxectivo deste programa, tentando  ofrecer  unha alternativa axeitada  ao descanso escolar.  Os campamentos de Nadal do Centro Sociocultural  xogan coa temática das datas,  e céntrase en obradoiros, xogos  e actividades creativas para nadal.  O número de prazas non adoita ser superior a trinta, e sempre terán prioridade os nenos empadronados no Concello do Corgo sobre calquera  outro, así como os fillos/as de pais/nais  que desenvolvan calquera actividade no  termo municipal.

{gallery}conciliacion{/gallery}

 

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate