Vostede está aquí: Inicio Memoria do Corgo Audios

Romances e Cantigas populares

Hoxe en día resulta bastante difícil atopar persoas no concello do Corgo que saiban recitar de memoria os vellos romances hispánicos. Sen embargo, a musicóloga suíza Dorothé Schubarth, coa colaboración do filólogo Antón Santamarina recolleu e transcribiu en Decembro do 1979 unha bela mostra deste tipo de composicións poéticas. Xurdiu dos beizos de Pura, unha informante natural da Ponte de Neira, na parroquia de San Xoán de Cela, que daquela contaba 93 anos. Amais do romance que comeza co verso que di “Mes de Mayo, mes de Mayo...”, Pura cantoulle a Dorothé varias cantigas populares a xeito de coplas sucesivamente encadeadas, que tamén reproducimos. Estes materiais musicolóxicos, que editamos en varios cortes para tentar eliminar os ruídos de fondo, publícanse por cortesía do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego), no que se alberga a Colección Schubarth-Santamarina. Agardamos de todo corazón que esta colaboración entre o APOI-IEI-MPG e o Proxecto CORGORAL continúe ofrecendo os seus froitos e nos permita dar a coñecer outras pezas tan fermosas como as que agora vos ofrecemos.

 Colabora:

Arquivo Dixital

audio Audios

Documentos

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate