Vostede está aquí: Inicio Concello Información Ordenanzas

Folder Ordenanzas

Documentos

Ordenanza axuda no fogar

A ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar e do prezo público para a prestación do mesmo, foi aprobada polo Pleno do 27 de marzo do 2014, e publicada no BOP nº 122 do 30 de maio.

Está estructurada en tres capítulos : " Disposicións xerais" (art. 1-9), "Da prestación do servizo" (art. 10-14), e "Réxime económico-financieiro" (art. 15-22), unha disposición adicional, unha derrogatoria e unha derradeira.

Esta ordenanza derroga expresamente o Regulamento do servizo de axuda no fogar e a Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar, publicados no BOP de Lugo nº 190, o 19 de agosto de 2010, e as súas modificacións posteriores.

Ordenanza eadmon

O Pleno, en sesión de 28 de xaneiro de 2011, acordou aprobar a ordenanza municipal reguladora da administración electrónica. En cumprimento do artigos 49 e 70 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, faise público o seu texto íntegro no BOP nº 13 do 17 de xaneiro do 2015. No BOP do 25 de  setembro do 2018  publícase  unha modificación do artigo 11.

Ordenanza fiscal do imposto sobre actividades económicas.

Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles

A ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles foi aprobada polo Pleno do Concello  o 16 de novembro do 2011, e publicada no BOP nº 296 do 28 de decembro do  mesmo ano. Con ela, como se recolle na disposición derrogatoria, queda derrogada a ordenanza fiscal do BOP Nº 259 do 9 de novembro do 1989.

Estructúrase en catro artigos (que regulan os fundamentos e réxime, a cota tributaria, as exencións e bonificacións), unha disposición final e unha derrogatoria.

O artigo nº2 sufre unha modificación acordada polo Pleno do 27 de setembro do 2013, que se publica no BOP nº 273 do 28 de novembro do 2013, e só afecta á cota tributaria dos bens de natureza urbana. Aparece nun anuncio de dous apartados que xunto con esta recolle outra modificación da  normativa municipal. 

O Pleno do 11 de novembro do 2016 acorda unha nova modificación que se publica no BOP 295 do 26 de decembro do mesmo ano. As modificacións afectan aos artigos 2 (referente aos porcentaxes do tipo de gravamen), ao artigo 4 ( introdúcense novos apartados nas bonificacións. Concretamente engádense os puntos 4.4, 4.5 e 4.6), e tamén ásdisposicións adicional e final.

No 2018, o Pleno municipal do 25 de abril  aproba a redacción do punto 7 do artigo 4

Ordenanza reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras, da taxa de licenza urbanística e actividade de comprobación derivada da declaración responsable e comunicación previa

Ordenanza aprobada polo Pleno do 20 de novembro do 2012, e publicada no BOP nº 9 do 11 de xaneiro do 2013.

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate