Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Cidadán Axudas Orde do 26 de abril do 2019, que regula as bases do programa de mobilidade transnacional xuvenil GALEUROPA

pdf Orde do 26 de abril do 2019, que regula as bases do programa de mobilidade transnacional xuvenil GALEUROPA Popular

Por 320 descargas

Descargar (pdf, 1.07 MB)

Orde do 26 de abril 2019 que regula as bases para a concesión de axudas á mobilidade transnacional xuvenil(Galeuropa).pdf

Esta orde ten por obxecto establecer o procedemento de concesión de subvencións para o programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, con cargo ao Plan operativo de emprego xuvenil (en adiante, POEX), para a realización de prácticas formativas non laborais en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos. O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

A finalidade do programa de mobilidade é fomentar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/das mozos/as inscritos/as no Sistema nacional de garantía xuvenil, (en adiante, SNGX), non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo.

O período de realización das prácticas formativas non laborais nas empresas ou entidades dos países europeos rematará en todo caso o 30 de novembro de 2019.

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate