Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas

Presentación da nova  páxina web do Concello do  Corgo Novas

 

 

O Concello do Corgo, coa colaboración do Centro Sociocultural e do Proxecto CORGORAL, presenta publicamente o seu novo portal dixital na rede. O acto terá lugar o vindeiro mércores 30 de Novembro a partir das 19:30h na biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO), xunto ao Punto de Atención á Infancia (PAI).
Desta volta será o especialista Antonio Giz quen explique detalladamente a todas as persoas interesadas a renovada imaxe do rostro público do concello na rede, así coma o futuro funcionamento básico da mesma, con todos os seus apartados renovados e con novos recursos multimedia.
Desde o Concello do Corgo queremos animar a todos os veciños e veciñas a participar neste evento, contribuíndo coas súas achegas a mellorar o deseño e a accesibilidade telemática á administración municipal. Será presentada unha versión piloto que incluirá novos elementos dixitais, coa idea de poñela a andar definitivamente coa maior brevidade posible.

Ler máis ...

Bases polas que se regula o proceso libre excepcional para a cosolidación e establización como persoal laboral fixo do posto de axente de emprego, traballador/a social e dous postos de auxiliar de axuda no fogar. Novas

 

 

Publicación no Dog do 16 de novembro, número 262 das bases polas que se regula o proceso libre excepcional para a consolidación e estabalización como persoal laboral fixo do posto de axente de emprego (epígrafe de servizos de emprego  e desenvolvemento local), así como dos postos nº1 e nº2 de auxiliares de axuda no fogar e de Traballador/ra Social da Relación de Postos de Traballo (epígrafe de Servizos comunitarios  Básicos, aprobadas por Resolución da alcaldía do 9 de novembro.

 Bases da  pdf Convocatoria de estabilización de emprego :  AXENTE DE EMPREGO, TRABALLADOR/A SOCIAL e dous AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR. (1.61 MB)  

Publicacion no BOE do sábado 26 de novembro, número 284 , do estracto desta convocatoria.

pdf Publicación no BOE.   (186 KB)

 

 

Ler máis ...

Bases do proceso de selección de persoal laboral temporal ao abeiro do PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2022.  Contratación de 1 AUXILIAR ADMINISTRATIVO, 1 ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA/FORESTAL NIVEL 2 MECES, 2 OFICIAIS DE 1ª E 2  OFICIAIS DE 2ª. Novas

 

 

Publicación no BOP Nº  9 do venres 25  de novembro de 2022 das bases que rexerán o proceso de selección de persoal laboral temporal ao abeiro do PROGRAMA DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2022.: FOMENTO DO EMPREGO da Deputación Provincial de Lugo, para a execución de obras, servizos e creación de emprego.

 PROCESO DE SELECCIÓN DE:

-UN AUXILIAR ADMINISTRATIVO.

-UN ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA/FORESTAL  NIVEL 2 MECES.

-DOUS OFICIAIS DE PRIMEIRA. (PALISTA E ALBANEL)

-DOUS OFICIAIS DE SEGUNDA. (ALBANEIS)

pdf Bases do proceso selectivo de contratación de persoal laboral temporal: 1 AUXILIAR ADMINISTRATIVO, 1 ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA/FORESTAL NIVEL 2 MECES, 2 OFICIAIS DE 1ª E 2 OFICIAIS DE 2ª. PROGRAMA FOMENTO DE EMPREGO 2022. (825 KB)

Ler máis ...

Páxina 3 de 160

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate