Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas

Bando derivado da crise do coronavirus. Novas

pdf (144 KB)

 

Díctase o seguinte bando do alcalde para o Concello do Corgo con motivo da crise do coronavirus  e as medidas adoptadas:

BANDO

Felipe Labrada Reija, Alcalde-Presidente do Concello do Corgo

FAGO SABER

Á vista da situación sanitaria actual e en consoancia coas medias acordadas polo Goberno Central e pola Xunta de Galicia, O Concello do Corgo amplía nas seguintes as medidas adoptadas, e que se manterán ata novo aviso:


1º. Peche de todas as áreas recreativas e espazos públicos municipais.


2º. Servizo de Axuda a Domicilio: suspéndese o SAF na modadalidade de prestación básica. En canto á modalidade de Dependencia, mantense o servizo agás se o usuario manifesta o seu desexo de interrompelo durante o estado de alarma. Descontaranse nos recibos as horas non prestadas.


3º. O concello ponse a disposición daquelas persoas que teñan necesidade de adquisición de medicamentos ou de alimentos e non poidan facelo por si mesmos, así como para o traslado de comida preparada que poidan adquirir en establecementos que presten este servizo. Para solicitar estes servizos deben chamar en horario de 9 a 14 horas á Casa do Concello, 982302100 ou ao teléfono móvil 620731543.

PRÉGASE ENCARECIDAMENTE A COLABORACIÓN DE TODOS OS VECIÑOS PARA EVITAR A PROPAGACIÓN DO VIRUS, EVITANDO TODA SITUACIÓN DE RISCO E CUMPRINDO COAS MEDIDAS IMPOSTAS PARA ESTE PERIODO EN TÓDOLOS ÁMBITOS.

  pdf Bando Coronavirus (144 KB)

Ler máis ...

Aviso urxente: Medidas  municipais derivadas da crise do coranovirus Novas

Díctase o seguinte bando municpal  coas medidas urxentes derivadas da crise do coronavirus.

pdf Aviso urxente: Medidas municpais derivadas da crise do coranovirus (380 KB) .

Ler máis ...

Qué debo de saber do coronavirus? Novas

 

 

Campaña informativa   recollida na páxina do Segas:  Ver tríptico

Os coronavirus son virus que circulan entre os animais. Porén, estes virus tamén poden afectar os humanos. O novo coronavirus identificouse na China a finais de 2019 e é unha nova cepa que non se vira antes nos seres humano.

Os síntomas máis comúns da enfermidade provocada polo coronavirus (COVID-19) son:

-FEBRE

-TOS.

-SENSACIÓN DE FATA DE AIRE.

TELÉFONO DE INFORMACIÓN PARA A CIDADANÍA 900 400 116

Medidas para protexernos do coronavirus:

- Lavar as mans frecuentemente.

-Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca.

-Ao tusir, cubrir a boca cun pano desbotable ou contra o brazo co cóbado flexionado.

-En caso de ter síntomas respiratorios, evitar o contacto próximo con outras persoas.

 

AO CHEGAR DUNHA ÁREA DE RISCO OU ENTRAR EN CONTACTO CUNHA PERSOA QUE VEÑA DESTA  + SINTOMAS 

 NON ACUDIR directamente ao Hospital nin ao C. de Saúde CONTACTAR TELEFONICAMENTE CO 061

Ler máis ...

Páxina 11 de 94

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate