Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas

A ADMINISTRACIÓN CERCA DE TÍ. Novas

 

 

Dende o Ministerio de Politica Territorial elaborouse o Plan “A administación certa de tí”, para facilitarlles aos veciños/as dos pobos, que poidan realizar os trámites dende o seu concello, sen necesidade de deprazarse.

Esta xornada ten como obxeto infomar aos cidadáns dos trámites e prestacións e axudalos e orientalos para aproveitar do mellor xeito a Administración e combater as brechas dixitais, territoriais e de xénero.

Por todo isto, CONVÓCASE a tódolos/as interesados/as a unha sesión informativa sobre estes servizos, así como o sistema de identificación e sinatura dixital.

 Expedirase o certificado dixital así como a clave a aqueles asistentes  interesados en obtelas, sin necesidade de acudir a personarse presencialmente a ningunha outra oficina.

LUGAR: CENTRO SOCIOCULTURAL do CORGO.

DATA: LUNS, 12 DE DECEMBRO ÁS 12.45 HORAS.

DURACIÓN: UNHA HORA.

Ler máis ...

Bases polas que se regulan os procesos libre e excepcionais para consolidación e estabilización do posto de Informador/a xuvenil- Encargado do Telecentro; Encargado de instalacións e edificios municipais; dous postos de oficiais 2ª Tractoristas Novas

 

 

Publicación no DOG nº 286 do mércores 23 de novembro de 2022 das bases polas que se regula o proceso libre excepcional para a consolidación e estabilización como persoal laboral fixo dun posto de Informador/a xuvenil- Encargado/a do Telecentro. (epígrafe de servizos de información xuvenil).

No mesmo DOG publícanse as bases do mesmo proceso para o  posto de encargado de instalacións e edificios municipais e dous postos de oficial 2ª -Tractoristas para desbroce e tratamentos preventivos.

No BOE do 1  de decembro, número 288, publícase o estracto destas convocatorias, abríndose o prazo de 20 días naturais para participar nestes procesos selectivos.

 

pdf Bases do proceso de estabilización de emprego. Convocatoria de persoal laboral fixo: informador/a xuvenil e encargado/a do telececentro municipal. (737 KB)

pdf Bases do proceso de consolidación como persoal laboral fixo de dous postos de oficial 2ª -tractoristas e un posto de encargado intalacións e edificios municipais. (732 KB)

pdf Publicación no BOE do estracto da convocatoria de provisión de postos. Informador/a xuvenil-Encargado/a do Telecentro, Encargado de instalacións e edificios municipais e dúas plazas de tractoristas para desbroce. (186 KB)

Ler máis ...

NOVO PUNTO LIMPO MÓVIL NO CONCELLO DO CORGO PARA  FOMENTO DA RECICLAXE CORRECTA DE RESIDUOS E A  SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL. Novas

 

 

O Concello do Corgo conta cun novo punto limpo móvil  para facilitarlle a tódolos veciños e veciñas a reciclaxe de residuos, así como impulsar a sensibilización ambiental.

Este proxecto realízase cunha axuda da Consellería de  Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de 70.000€,  cofinanciada polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

A través da aquisición do punto limpo móbil preténdese mellorar a ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos existentes na Comunidade Autónoma, e favorecer a adecuada recollida selectiva de residuos por tódalas parroquias deste concello, fomentando a proximidade das instalacións á cidadanía .

 

Ler máis ...

Páxina 2 de 160

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate