Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas para os Agricultores Publicación das medidas de distancia mínimas que deben de respetar as novas repoboacións forestais.

pdf Publicación das medidas de distancia mínimas que deben de respetar as novas repoboacións forestais. Popular

Por 1028 descargas

Descargar (pdf, 36 KB)

Distancias mínimas que deben respetar as novas repoboacións forestais.pdf

Publicación do Anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, onde se recollen as distancias mínimas esixidas ás novas repoboacións forestais.

Artigo 68.
Distancias das repoboacións:
1. As novas repoboacións forestais que teñan lugar a partir da entrada en vigor desta lei deberán gardar as distancias sinaladas no anexo 2 desta lei a outros terreos, construcións, instalacións e infraestruturas.
2. As distancias mediranse desde o tronco do pé máis próximo á propiedade veciña ata o límite coa outra propiedade. No caso de tendidos eléctricos, as distancias mediranse ata a proxección do condutor máis externo, e a súa desviación máxima producida polo vento considerarase segundo a normativa sectorial vixente.
3. Para edificacións, vivendas illadas e urbanizacións situadas a menos de 400 metros do monte e fóra de solo urbano e de núcleo rural, as distancias mediranse ata o paramento destas.

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate